O Banco de Alimentos reparte preto de 1,1 millóns de quilos de comida durante o primeiro semestre de 2019

Nos seis primeiros meses do ano, a ONG entregou un total de 1.084.378 quilos de alimentos que chegaron a unhas 25.000 persoas con dificultades na provincia de Pontevedra, unha cifra similar ao mesmo período de 2018 cando se distribuíron 1.122.815 quilos de produtos
Publicado por o día 04/09/2019 na sección de Galicia,Social,Vigo

O Banco de Alimentos reparte preto de 1,1 millóns de quilos de comida durante o primeiro semestre de 2019

A Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo repartiu ao redor de 1,1 millóns de quilos de comida durante o primeiro semestre de 2019.

Concretamente, nos seis primeiros meses do ano, a ONG entregou un total de 1.084.378 quilos de alimentos que chegaron a unhas 25.000 persoas con dificultades na provincia de Pontevedra, unha cifra similar ao mesmo período de 2018 cando se distribuíron 1.122.815 quilos de produtos.

Neses 1.084.378 de comida repartida ata o 30 de xuño deste ano está incluída a achega do Fondo de Axuda Europea para os Máis Necesitados ( FEAD) que, como vén sendo habitual desde hai anos, a Fundación Provincial Banco Alimentos de Vigo é parte fundamental á hora da súa distribución.

Este luns renovouse o labor da entidade tras a rebaixa de actividade do mes pasado cando se entregou o dobre de comida ás entidades para facer fronte ás necesidades de agosto dos diferentes colectivos sociais cos que traballa.

A finais de setembro está prevista a primeira Operación Quilo despois do verán para poder seguir facendo amorea de produtos de primeira necesidade e que son os máis demandados.

Durante 2018, o Banco de Alimentos entregou preto de 1,8 millóns de quilos de comida (1.760,629 quilos), a través dos 150 colectivos sociais cos que traballa, cubrindo o 35% das necesidades das persoas máis desfavorecidas ás que axuda (consultar máis datos da Memoria 2018 do Banco de Alimentos aquí: Memoria)

A ONG, creada en 1995, apolítica e aconfesional, dedica os seus esforzos para facer cumprir un dos dereitos humanos máis fundamentais: o acceso a unha alimentación suficiente, segura e saudable de maneira gratuíta. Desde 2014, a entidade conta con delegación propia en Pontevedra.