Cun relatorio este xoves na aula 12-A da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais titulado Consumismo desmesurado. Historia, consecuencias e solución e coa proxección na sala II do edificio Miralles o pasado martes do documental Made in, Made for. A realidade oculta da industria da moda, o movemento Fridays for Future Vigo arrancou esta semana no campus de Vigo as accións que van desenvolver ata o vindeiro día 29 en contra do Black Friday. Pablo Guillén e Héctor Santorum foron os encargados de impartir hoxe un relatorio no que explicaron a historia do Black Friday, as consecuencias do consumismo desmesurado e que solucións pode adoptar a sociedade para frear un consumo que “destrúe o planeta”, asegura Alicia Nico, membro de Fridays for Future Vigo.
As actividades desenvolvidas no campus vigués insírense no calendario de accións que xunto ao Movemento galego polo Clima, Friday for Future Vigo programou durante esta semana e a seguinte e que culminarán o 29 de novembro co gallo da celebración do Black Friday cunha concentración e diferentes actos na rúa do Príncipe de Vigo. “Trátase de concienciar á cidadanía e ao alumnado da Universidade sobre o consumismo desmesurado e os seus efectos e implicalos nas actividades que estamos a desenvolver e que continuarán os días 26 e 27 con charlas programadas na escola de teatro Vagalume e o día 28 en Aula D”, explica Alicia Nico. O día 30 terá lugar ademais, en colaboración con Greenpeace, e durante todo do día no centro cívico de Teis una xornada con obradoiros sobre conciencia ambiental, composteiros urbanos, reparación de bicicletas e unha mesa redonda sobre consumo sustentable.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.