O Colegio Hogar Afundación remata a súa XIV Semana Técnica coa participación de 20 empresas

Desenvolveuse desde o pasado luns co obxectivo de achegar ao alumnado á realidade laboral
Publicado por o día 28/01/2021 na sección de Eventos,Formación,Galicia,Vigo

O Colegio Hogar Afundación remata a súa XIV Semana Técnica coa participación de 20 empresas

O Centro de Formación Profesional Colegio Hogar Afundación clausurou hoxe a súa XIV Semana Técnica (SETEC) na que participaron profesionais de máis de 20 empresas de toda España, co obxectivo de poñer aos seus estudantes en contacto coa realidade laboral. Debido ao actual contexto sanitario provocado pola COVID-19, o programa desenvolverase nesta edición integramente de forma telemática para garantir a seguridade de todas as persoas participantes.

Reparación de dispositivos electrónicos, visión artificial, prevención de riscos no sector naval, robots colaborativos, ICT e fibra óptica, homologacións de soldaduras, deseño completo de acuñes, imaxe corporativa e oportunidades de negocio no sector gráfico son algúns dos contidos que se desenvolveron nos relatorios e demostracións progra-madas para as catro xornadas da SETEC.

O programa incluíu, ademais, actividades de temática xeral que se centraron no acceso ao mercado laboral, o autoemprego e a motivación emprendedora. Así mesmo, duran-te a Semana Técnica, cada departamento do centro organizou unha serie de relatorios, exposicións e demostracións, vía telemática nesta ocasión, levadas a cabo por recoñe-cidas empresas e profesionais do ámbito industrial. O obxectivo desta proposta é facili-tar a incorporación á vida laboral e ofrecer unha visión clara e veraz do contexto que van atopar os futuros graduados. Esta iniciativa pon de manifesto o compromiso do centro por ofrecer unha formación de calidade humana e técnica, onde escola e em-presa teñen que colaborar para formar aos técnicos do futuro.

 

Comentar noticia

Your email address will not be published.