Así, o fío recolle que Galicia continúa a ser a segunda comunidade autónoma con maior taxa de suicidios (10,14 por cada 100.000 habitantes), aínda que no 2018, por primeira vez desde hai 7 anos, o número de suicidios baixou das 300 defuncións ao ano. Esta diminución prodúcese nun dos momentos nos que máis se está a falar das condutas suicidas, demostrando que unha información axeitada sobre o suicidio pode contribuír á súa prevención.
Para informar de maneira responsábel sobre as condutas suicidas, lémbranse as recomendacións sobre o Decálogo de recomendacións para os e as profesionais dos medios de comunicación ao informar sobre o suicidio, así como a Guía práctica para o tratamento informativo dos suicidios, incluída nas Recomendacións profesionais sobre información e sufrimento humano InformaDor, realizadas polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, que ofrece ademais fontes galegas de interese.
Podes consultar o fío completo cos datos e recomendacións.
https://twitter.com/xornalistas/status/1287666763539386369
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.