O Concello de Tomiño vén de aprobar as bases para a cobertura temporal dun posto de titulado en traballo social

O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES SERÁ DO 31/01/2019 AO 08/02/2019. AS BASES COMPLETAS E OUTRA DOCUMENTACIÓN RELATIVA AO PROCESO DE SELECCIÓN ATÓPANSE NA SECCIÓN DE EMPREGO DESTA PÁXINA WEB
Publicado por o día 30/01/2019 na sección de Tomiño,Galicia

O Concello de Tomiño vén de aprobar as bases para a cobertura temporal dun posto de titulado en traballo social

O Concello de Tomiño ven de aprobar as bases que rexerán a convocatoria e o procedemento para a cobertura temporal dun posto de titulado en traballo social e da creación dunha bolsa de emprego municipal para as coberturas temporais do citado posto. Tanto as bases coma outros documentos relativos ao proceso de selección, atópanse a disposición dos interesados máis abaixo e tamén na sección de Emprego desta páxina web.

O prazo de presentación de instancias será sete (7) días hábiles a contar dende o día seguinte a aquel en que se produza a publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, co que as solicitudes poderán presentarse entre o 31/01/2019 e o 08/02/2019.

 

an.bop.PONTEVEDRA.20190130.2019003751

 

20190128_correccion erros bases traballadora social(1)