O Concello do Grove xa ten lista a Programación do Entroido 2020 que se desenvolverá desde o 20 de febreiro ata o 1 de marzo.
O programa dará comezo o xoves 20 de febreiro co xa tradicional xoves de comadres e compadres en diferentes establecementos da vila.
O venres 21 de febreiro, a partir das 17.00 h, terá lugar na Rúa Castelao a Gran Festa Infantil con música, animación e xogos a cargo de Axóuxere animación. En caso de mal tempo, o evento desenvolverase no salón de actos da Casa da Cultura “Manuel Lueiro Rey”
A noite do venres tamén se celebrarán actos en diferentes establecementos como o venres de Jarana e o venres de Caballiteras.
Festival de comparsas
Xa o sábado 22, celebrarase un dos eventos de máis multitudinarios “O Festival de comparsas 2020”. As entradas poderán adquirirse a o prezo de 5,00 € o propio sábado 22 no pavillón municipal dos deportes en horario de 10.30 a 13.30 h e, en caso de non rematar as entradas nese horario, a partir das 16.30 h.
O Festival transmitirase en directo e, así mesmo, colocarase unha pantalla exterior para que todas e todos poidan seguilo en tempo real.
Está previsto que 11 comparsas compitan este ano pola bandeira do Festival. Ademais do accésit de participación de 300,00 euros, establécense os seguintes premios:
Primeiro: 1.100 €, diploma, e bandeira
Segundo: 900 € e diploma
Terceiro: 800 € e diploma
Cuarto: 600 € e diploma
Quinto: 500 € e diploma
Sexto: 400 € e diploma
Domingo de Entroido
O domingo 23 de febreiro aqueles que non puideran asistir ao Festival de comparsas poderán ter a ocasión de escoitalas na ruta das comparsas polos bares do Grove.
Pola tarde terá lugar a partir das 17.00 h o Festival Infantil de Disfraces amenizado por Javi Solla e con obradoiros e lambonadas para toda a rapazada.
Gran Marcha do Entroido Meco
O martes 25 de febreiro celebrarase a Gran Marcha do Entroido Meco con importantes melloras en canto ao desenvolvemento e os Premios.
Repartiranse 7125,00 € en premios, o que supón un incremento do 155 % con respecto aos anos anteriores.
A subcategoría de grupos adultos subdivídese en dúas, o que supón unha subcategoría máis e con importantes subidas, así mesmo tamén se incrementan todos os premios infantís para igualalos aos de adultos.
Categoría | Subcategoría | Premio | Contía (euros) |
Adultos (máis de 14 anos) | Grupos de máis de 12 | Primeiro | 1000 |
Segundo | 700 | ||
Terceiro | 500 | ||
Grupos de ata 12 | Primeiro | 800 | |
Segundo | 500 | ||
Terceiro | 300 | ||
Parellas | Primeiro | 200 | |
Segundo | 150 | ||
Terceiro | 100 | ||
Individuais | Primeiro | 150 | |
Segundo | 100 | ||
Terceiro | 50 | ||
Infantil (ata 14 anos) | Grupos | Primeiro | 800 |
Segundo | 500 | ||
Terceiro | 300 | ||
Parellas | Primeiro | 200 | |
Segundo | 150 | ||
Terceiro | 100 | ||
Individuais | Primeiro | 150 | |
Segundo | 100 | ||
Terceiro | 50 | ||
Choqueiros | Primeiro | 100 | |
Segundo | 75 | ||
Terceiro | 50 |
Outro dos cambios está dirixido a facilitar a participación no concurso para o que se permitirá a inscrición on line a través do correo electrónico entroidodogrove@concellodogrove.es. As follas de inscrición poderán descargarse na páxina Web do Concello, na páxina de Facebook ou solicitalas a través do citado correo electrónico.
A entrega de Premios terá lugar o mesmo martes 25 de febreiro nunha Festa con animación do DJ Studio 21 a partir das 20.30 h no pavillón municipal dos deportes.
Enterro da sardiña
O venres 26 de febreiro instalarase a capela ardente na Praza do Corgo para velar á finada e ás 20.00 h sairá a comitiva fúnebre desde a Praza do Corgo ata o lugar de incineración.
Entroido en San Vicente
O sábado 29 de febreiro celebrarase a partir das 16.00 h a Concentración de Choqueiros, queima do vimbio e actuación de comparsas en San Vicente. Festa que continuará o domingo 1 de marzo a partir das 12.00 h na Casa da Cultura “Ángel Vázquez Hereder”.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.