A Xunta publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que se fai publica a relación dos 20 concellos beneficiarios das axudas da convocatoria de 2020 para elaborar os plans de emerxencia fronte á seca.
Nesta convocatoria de axudas impulsadas pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, os concellos recibiron axudas entre 7.000 e 15.000 euros. No seguinte enlace ao DOG pode consultarse a información:
Trátase da segunda convocatoria de colaboración cos concellos nas súas competencias municipais, publicada en xuño do ano pasado, que se suma a unha primeira realizada no ano 2019, que xa beneficiou a 20 municipios. Así, prevese acadar este ano os 40 concellos cos seus documentos preparados para poder anticiparse a posibles situacións de seca.
Con estes incentivos, a Xunta presta apoio técnico e financeiro en materia de augas aos concellos para que cada sistema de abastecemento dispoña do seu propio plan de emerxencia fronte á seca e teña claro como actuar ante unha situación de alerta.
Estas axudas financian o 80% do custo da redacción do plan, cun importe de ata 15.000 euros por solicitude e subvencionan actuacións realizadas desde o 1 de xaneiro de 2020. Ademais, as axudas son compatibles co cofinanciamento que acheguen outras administracións públicas, como as deputacións provinciais.
Os plans de emerxencia fronte a seca son un instrumento clave para anticiparse e preparar solucións que garantan o abastecemento de auga á poboación.
Cómpre lembrar que a Lei de garantía de abastecemento de auga, aprobada pola Administración autonómica e que entrou en vigor o pasado mes de xaneiro, establece un prazo de 2 anos para que os concellos de menos de 20.000 habitantes elaboren plans de emerxencia fronte á seca.
A seguinte relación mostra os concellos aos que Augas de Galicia concedeulle a citada axuda.
CONCELLO SOLICITANTE
|
IMPORTE DA AXUDA
|
Concello de Gomesende
|
9.825,2 €
|
Concello de Coirós
|
14.229,6 €
|
Concello de Piñor
|
9.825,2 €
|
Concello de Castrelo de Miño |
9.825,2 €
|
Concello de Toén
|
9.825,2 €
|
Concello de Nogueira de Ramuín |
8.808,8 €
|
Concello de Frades
|
14.229,6 €
|
Concello de Sober
|
14.036 €
|
Concello de Mesía
|
14.229,6 €
|
Concello de San Sadurniño
|
14.510,32 €
|
Concello de Begonte
|
14.036 €
|
Concello de Cartelle
|
14.000 €
|
Concello de Ares
|
14.520 €
|
Concello de Abegondo
|
14.360,28 €
|
Concello de Ribadeo
|
10.822,42 €
|
Concello de Larouco
|
7.260 €
|
Concello de Pontedeva
|
7.260 €
|
Concello de Ribeira de Piquín |
14.520 €
|
Concello de Parada de Sil
|
9.825,2 €
|
Concello de Cortegada
|
9.825,2 €
|
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.