O Diario Oficial de Galicia publica hoxe un novo proceso de selección unitario para a cobertura de 147 prazas de auxiliares de policía local para dar servizo a próxima tempada de verán nos concellos galegos. O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Opcionalmente poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
O procedemento de selección será o de oposición por quenda libre, e posteriormente as persoas que superen este proceso selectivo serán contratadas. As probas a realizar serán un test de coñecementos de 50 preguntas, mais as probas físicas sinaladas na convocatoria. Todos aqueles que non teñan o Celga 3 de coñecementos da lingua galega, tamén deberán realizar unha proba de coñecementos do noso idioma.
As persoas aspirantes aprobadas e as incluídas na lista de reserva deste proceso selectivo deberán superar un curso de formación teórico-práctico na AGASP como requisito indispensable para ser contratadas como auxiliares de policía local.
Tras realizar os primeiros procesos selectivos unitarios no ano 2018, este ano 2019 xa son 67 concellos os que delegaron na Xunta de Galicia a selección do seu persoal de policía local, a esta convocatoria de auxiliares sumarase en datas vindeiras un novo proceso na categoría de policía con mais de 120 prazas.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.