Durante todo o período da exposición “Manuel Colmeiro. Espazos e encadramentos”, está previsto un conxunto de actividades paralelas e complementarias desta mostra, comisariada por Xosé Carlos López Bernárdez, que ten como obxectivo ofrecer unha nova ollada sobre a obra dun dos pintores chave na historia da arte galega.
http://www.marcovigo.com/content/manuel-colmeiro-espazos-e-encadramentos
Entre elas, destacan varias entrevistas realizadas a Manuel Colmeiro, procedentes dos arquivos de CRTVG e CRTVE, que se están publicando periodicamente na web do museo dende o mércores 15 de abril. Asi, grazas á esta especial colaboración, o público ten acceso á obra e pensamento de Colmeiro en primeira persoa.
O seu interese reside non só no seu valor como documento histórico, senón por achegar a perspectiva e reflexións do artista en tres momentos diferentes da súa traxectoria vital e artística. Os documentos do propio pintor insiren a súa obra na tradición política do realismo histórico e explican as motivacións sociais e estéticas das obras. O seu testemuño fai máis comprensibles as obras de claro matiz social ou a serie de tintas sobre a Guerra Civil.
As reflexións de Colmeiro explican tamén a súa procura dun novo clasicismo ligado ao cotián. O traballo do noso pintor, como el subliña, teima en presentar as cousas comúns, o milagre da existencia na súa imperturbada duración: as maternidades, as panadeiras, as tres grazas, as paisaxes, as naturezas mortas; temas que se presentan desde unha análise de enorme rigor que pode parecer inxenua porque evidencia as virtudes sinxelas ou os feitos típicos da vida local, pero que posúe unha forte carga analítica.
A segunda das entrevistas, dispoñible a partir de hoxe venres 24 de abril, foi realizada en 1987:
CRTVG
“Xente Nosa”, 1987
Entrevista a Manuel Colmeiro en plató
Dirixido e presentado por: Xosé M. García Palmeiro
Duración: 33’26’’
Actividade complementaria da exposición “Manuel Colmeiro. Espazos e encadramentos”
http://www.marcovigo.com/es/programacion
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.