O proxecto sectorial para a ampliación do Parque Tecnolóxico e Loxístico de Vigo (PTL) promovido polo Consorcio da Zona Franca someterase durante un mes ao trámite de información pública. Tras o anuncio publicado hoxe no Diario Oficial de Galicia, os interesados poderán consultar o proxecto a partir de agora e presentar as achegas, documentación e alegacións que estimen oportunas.
Á vista do resultado do proceso de información pública e dos informes recibidos, introduciranse as modificacións ou correccións oportunas nun proxecto que, cómpre lembrar, tramita o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) pero que redacta e executa o Consorcio da Zona Franca de Vigo.
O obxectivo desta iniciativa é facilitar a ampliación do Parque Tecnolóxico e Loxístico nunha superficie total de 252.484 metros cadrados e cunha edificabilidade máxima de 164.461 metros cadrados. A actuación incrementará a concentración dunha serie de empresas de diversos sectores produtivos que contribuirán ao desenvolvemento económico e social da comunidade autónoma e, moi especialmente, da comarca de Vigo.
De feito, a súa zona de influencia excede os límites municipais, o que se traduce na existencia dun interese público xeral. Por este motivo, esta actuación foi incluída entre as recollidas na modificación do Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais de Galicia aprobada polo Consello da Xunta o 29 de novembro de 2018, e desenvólvese a través dun proxecto sectorial.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.