O coordinador dos deputados do PSdeG, Guillermo Meijón, asegurou hoxe que as peaxes da AP-9 experimentarán ao longo deste ano “unha rebaixa histórica” a través dos máis de 63 millóns de euros que incorporan os orzamentos xerais do Estado
“A pesares da irresponsabilidade do BNG e do PP de votar en contra dos orzamentos, o goberno presidido por Pedro Sánchez cumprirá con Galicia na rebaixa das peaxes”, garantiu Meijón, antes de subliñar que o goberno de España está traballando para que a incorporación desas rebaixas e bonificacións se faga realidade “no menor tempo posible de acordo aos prazos legais e necesarios”.
“Cónstanos que o ministerio de Transportes está traballando coa concesionaria nos pasos necesarios para facer efectivos eses descontos”, destacou o deputado pontevedrés, logo de que o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, desvelase que requiriu ao ministro Ábalos que as rebaixas entraran en vigor “o antes posible”.
Ademais, Guillermo Meijón recalcou que esas rebaixas “son froito do compromiso do socialismo galego, que asumiu resolver parte do agravio de Galicia coas peaxes da AP-9 en cordinación co goberno” e non do BNG, a única forza progresista de toda España que votou en contra dos orzamentos do Estado. “Sen orzamentos, o non habería rebaixa das peaxes, e o BNG quedou fóra de xogo ante unha medida histórica e necesaria para Galicia”.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.