O Voluntariado de As Neves e A.C As Neves Group desminten aos Populares de As Neves

Publicado por o día 13/05/2019 na sección de Galicia,As Neves,Social

O Voluntariado de As Neves e A.C As Neves Group desminten aos Populares de As Neves

En relación coa nota de prensa publicada o pasado día 9 de maio,no Faro de Vigo co titular “El PP afirma que As Neves desvía el control de ayudas por los incendios a una asociación“, o grupo do Voluntariado de As Neves e @s integrantes da AC As Neves Group, queren facer as seguintes aclaracións:

 O grupo de Voluntariado de As Neves é un grupo aberto formado por persoas de distintas ideas políticas, idades e formación, creado a raíz dos incendios do 15 de outubro de 2017.

 Este grupo formouse, como todo grupo de voluntari@s, co fin de axudar altruistamente e dunha forma inmediata, aos afectad@ s por estes terribles sucesos, aportando cada quen o que podía e , iso sí, tod@s o seu tempo, roubado a súa familia, o seu ocio ou ao seu descanso, sen recibir nada a cambio, só o agradecemento e afecto das persoas do concello ás que se axudaba e a satisfacción de sentirse útiles.

 A asociación AC As Neves Group, á que se refire a nota sen nomeala expresamente, foi constituida en 2016 coa finalidade de organizar e participar en actividades culturais e lúdicas para @s cativ@s .

 Despois dos incendios que arrasaron o noso concello, moitas foron as persoas que querían axudar con donativos para contribuir a paliar os efectos dos lumes. A canalización desas aportacións fixose abrindo unha conta denominada “As Neves zona cero”, expresamente destinada a xestionalas con axilidade e garantías, establecéndose un protocolo de funcionamento desta conta solidaria, entre o concello e a asociación As Neves Group.

 Absolutamente todos os pagos realizados dende a conta As Neves Zona Cero foron feitos por transferencia bancaria e cumprindo escrupulosamente os mecanismos establecidos no protocolo de funcionamento.

 É mentira que as axudas directas non fosen supervisadas de forma oficial, xa que si o foron polo concelleiro de Servizos Sociais e coa intervención dos Servizos sociais do concello.

 Tamén é mentira que non houbera supervisión dos cartos dos donativos: os datos son públicos e publícanse periodicamente na páxina web do concello. De feito, hai menos dun mes que se publicou un resumo da actividade desta conta.

 As persoas integrantes destes dous grupos queren manifestar o seu malestar pola falta de respecto que supón esta manipulación da información cara ao seu traballo e tamén ás persoas que donaron os seus cartos.

É indignante e repugnante que persoas, que non prestaron ningún tipo de axuda, nin colaboración, tras este terrible suceso, ataquen desta maneira tan miserable a tod@s @s veciñ@s que, traballaron en favor dos demais, desatendendo en moitos casos os seus compromisos privados.

Este grupo de voluntarias e voluntarios foron considerados, en moitos lugares, como un grupo exemplar pola súa eficacia e rapidez de resposta ante unha situación tan dramática como a vivida.
É triste e lamentable que sexa unha parte da nosa veciñanza a que non só non recoñeza ese traballo, senón que nos calumnie aproveitando o momento político que vivimos.

Non se deben mesturar os intereses políticos coa xustiza social. Na política, coma na vida, NON TODO VALE.

Voluntariado As Neves
A.C As Neves Group.