Os 15 falecementos notificados onte pola COVID19 elevan a cifra de vítimas ata as 1.161 persoas en Galicia

Vigo é a área que máis baixa os seus casos (-51), seguida da Coruña (-39). A de Santiago encabeza a suba, con 23
Publicado por o día 25/11/2020 na sección de Coronavirus,Galicia,Salud,Sanidad

Galicia continúa reducindo os casos activos de coronavirus por quinta xornada consecutiva. En dúas semanas a cifra de contaxiados no país baixou dos 9.952 aos 8.617, o que son 1.335 menos.

Presión hospitalaria alta, pero estable

A evolución dos ingresados nos hospitais non é tan rápida nin favorable coma a dos casos activos. A cifra de galegos e galegas hospitalizados ascende a 552, dos cales 96 estan nas UCI (-4) e e 456 en planta (-3).

Aínda que o aumento da presión asistencial vén dos últimos meses nesta segunda vaga, o certo é que en Galicia xa había hospitalizados pola covid-19 e xaneiro, segundo acaban de descubrir.

Por desgraza, onte notificouse o falecemento de 15 persoas por mor da covid-19. Con eles, xa van 1.161 vítimas da pandemia, 527 nesta segunda vaga.

Aínda que a cifra é alta, mantense máis ou menos estable, con certa tendencia descendente. Segundo os datos do Ministerio de Sanidade de onte, Galicia é a segunda comunidade coa menor porcentaxe de ocupación de camas UCI do estado español.

Caída das probas PCR

Coma cada martes, cos datos notificados na web do Sergas, a cifra de probas PCR volve diminuír respecto ao ritmo xeral da semana. Fixéronse 4.468, o que son 1.675 probas menos ca onte e 2.429 menos ca o martes pasado. É a cifra máis baixa das últimas dúas semanas. A media da última semana é de 6.667 probas.

Das 4.468 foron positivas 327, o que dá unha taxa de positividade de 7,32%, algo superior ás cifras de onte e antonte (5,26% e 6,41%, respectivamente). A media da última semana está en 7,48%, elevada polo pico rexistrado o día 20 (10%).

Por áreas sanitarias, o repartimento de casos activos sería:

• Vigo: 2.209 (-51)

• A Coruña: 1.759 (-39)

• Pontevedra: 1.235 (+1)

• Lugo: 1.108 (+11)

• Santiago: 982 (+23)

• Ourense: 627 (-10)

• Ferrol: 697 (+13)