A bancada socialista faise eco dunha denuncia que lle chega por parte da veciñanza tras unhas acción levadas a cabo pola concelleira de deportes, Begoña Toucedo, nesta semana. A edil mosense non cumpriu co peche perimetral e decidiu marchar esquiar a Serra Nevada.
O Partido Socialista de Mos ve unha actitude inaceptable para unha responsable pública que é a primeira que ten que dar exemplo, polo que esixe unhas desculpas e a dimisión despois de tales accións que poñen en risco a situación da cidadanía. Entenden que é un momento de extremar precaucións e ven unha autentica irresponsabilidade esta decisión de saltarse o peche perimetral para ir esquiar. Esperan que a súa compañeira e alcaldesa tome partido no asunto e non permita estas accións.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.