Os xoves do Vindel, en Vigo

Publicado por o día 17/01/2018 na sección de Galicia,Eventos,Vigo

Os xoves do Vindel, en Vigo

Aproveitando a exposición que estes meses acolle o Museo do Mar de Vigo centrada no Pergamiño Vindel, o Departamento de Filoloxía Galega e Latina da Universidade de Vigo organiza o ciclo de conferencias Os xoves do Vindel, unha iniciativa coordinada pola catedrática emérita Camiño Noia e na que participan os docentes e investigadores Bieito Arias, Xosé-Henrique Costas e Alexandre Rodríguez.

Programa

Todas o ciclo de conferencias no edificio Cambón (R/ da Palma, 4) de Vigo.

  • 25 de xaneiro de 2018 (19.45-21.00 h) / Pilar Lorenzo Gradín (Univ. de Santiago de Compostela)
    As cantigas de amigo no taboleiro da lírica medieval europea
  • 8 de febreiro de 2018 (19.30-21.00 h) / Ramón Mariño Paz (ILG / Univ. de Santiago de Compostela)
    Literatura en galego e mecenado na Idade Media

A entrada é libre ata completar a capacidade do auditorio do edificio Cambón. Quen asista regularmente a este ciclo, en cuxa organización participan ademais da Universidade de Vigo, a Deputación de Pontevedra e o goberno de Galicia, que cede o espazo, recibirá un certificado acreditativo, para que previamente deberá inscribirse no enderezo electrónico comision_vindel@uvigo.es

INFORMACIÓN

Enderezo: Rúa Palma, 4