Os novos movementos extremistas en Europa, as fake news, as ameazas para a información no mundo dixital ou as estratexias de fact-checking serán alguns dos temas que se debaterán este xoves na xornada Desinformación e ameazas á liberdade de expresión: Retos do xornalismo ante a irrupción dos extremismos. O Colexio organiza este acto, que conta coa colaboración da Facultade de Ciencias da Comunicación a Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas, a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia e o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia, para responder á aparición de diferentes fenómenos que aumentan o peso da desinformación no panorama mediático e obrigan ás e aos xornalistas a reflexionar sobre a súa expansión e as ferramentas para combatela.
A xornada abrirase coa conferencia de Paolo Berizzi sobre “O avance da extrema dereita en Europa: Desafío para o xornalismo”, tras a que se realizarán dúas mesas redondas. A primeira, moderada pola xornalista do Faro de Vigo Lara Graña, analizará “As fake news como estratexia informativa”, con Marilín Gonzalo (Newtral.es), Patricia R. Blanco (El País), Eli Vivas (Verificat e Storydata) e César Peña (RTVE). Na segunda, os xornalistas Fernando Varela (infoLibre), Virginia P. Alonso (Público), María Obelleiro (Sermos Galiza e Nós Diario), Xosé Hermida (El País), Xurxo Salgado (Galicia Confidencial) e David Lombao (Praza Pública) debaterán sobre “Os novos movementos extremistas e como afrontar o fenómeno desde o xornalismo”.
Á tarde terán lugar a conferencia de Marta Peirano, “Facer xornalismo na era da desinformación” e a mesa redonda “Ameazas para a información no mundo dixital”, cos expertos universitarios Alexandre López-Borrull (Universitat Oberta de Catalunya), Raúl Magallón Rosa (Universidad Carlos III), Dolors Palau-Sampio (Universitat de València) e Edita de Lorenzo (Universidade de Vigo, COETG). A xornada rematará con Edith Rodríguez, que impartirá a ponencia “Os ataques á liberdade de prensa en España”.
A inscrición na xornada é gratuíta até completar o aforo do auditorio. Para asistir é preciso apuntarse a través deste formulario: https://forms.gle/1tDK3GW13bQ2BQRn6. Ás persoas asistentes entregaráselles un diploma acreditativo.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.