Ponteareas acollerá en novembro sete novas accións formativas do programa “SmartPeme”

Están dirixidas á adaptación das empresas e proxectos emprendedores da provincia ao novo escenario dixital no que desenvolver as súas actividades
Publicado por o día 04/11/2019 na sección de Deputación de Pontevedra,Galicia,Ponteareas

Ponteareas acollerá en novembro sete novas accións formativas do programa “SmartPeme”

A Deputación de Pontevedra programou para este mes de novembro sete novas accións formativas do programa “SmartPeme” en Ponteareas. Estas sesións están dirixidas á adaptación das empresas e proxectos emprendedores da provincia ao novo escenario dixital no que desenvolver as súas actividades e aproveitar as ferramentas existentes, co obxectivo de aumentar a súa competitividade.

Deste xeito, “SmartPeme” oferta ás persoas emprendedoras e pemes da provincia unha serie de servizos de información, análise, asesoramento, capacitación, demostración, acompañamento e titorización no ámbito das TIC, sempre da man dos propios implicados e implicadas e coa colaboración das asociacións de empresarios e empresarias e de mozos e mozas autónomas.

Así, os cursos que se impartirán desde o martes 5 ata o 26 de novembro serán: Así Funciona Whatsapp Business, que se desenvolverá o 5 de novembro entre as 19 e as 21 horas; Optimiza a túa Páxina de Facebook, que será o xoves 7 de novembro de 18 a 21 horas; Crea un Plan de Marketing para a Campaña de Nadal, cuxa realización será entre as 19 e as 21 horas do martes 12 de novembro; Crea o teu Propio Logotipo con Canva, que se desenvolverá o xoves 14 de novembro de 19 a 21 horas; Motores de Reservas para Empresas Turísticas, o martes 19 de novembro de 17 a 19 horas; Como Utilizar Instagram para Promover a túa Empresa, entre as 19 e as 21 horas do xoves 21; e, por último, Como Facturar Electronicamente para as Empresas e Administracións Públicas, que se impartirá o martes 26 de novembro entre as 19 e as 21 horas.

A totalidade destes obradoiros será impartida no Centro de Desenvolvemento Local (Lomba do Cruceiro, 5, Ribadetea, Ponteareas). As inscricións para tomar parte nas accións formativas pódense facer no número de teléfono 886 202 020, no correo electrónico [email protected] ou na páxina web www.smartpeme.depo.gal. Ademais, o programa formativo SmartPeme estrea Twitter (@smartpeme) e Facebook (SmartPeme).

Comentar noticia

Your email address will not be published.