O mércores 16 de outubro, ás 11:00 h, haberá unha rolda de prensa no Concello de Vigo, ao redor da presentación de Bicos e non balas de Antonio García Teijeiro. Participará, ademais do autor, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, a ilustradora Bea Gregores, e o director xeral de Galaxia, Francisco Castro. O Concello de Vigo agasallará con mil exemplares aos escolares da cidade olívica.
Pola nosa boca poden saír balas pero tamén bicos. Poden saír versos e beixos. Podemos reclamar, a berroversos, a paz.
Bicos e non balas é unha antoloxía de poemas sobre a paz de Antonio García Teijeiro, un dos poetas galegos que máis e mellor entenderon que non hai camiño para a paz, senón que a paz (e a poesía) é o camiño.
Antonio García Teijeiro naceu en Vigo en 1952. É profesor, escritor e crítico de literatura infantil. Galardoado co Premio Merlín por Na fogueira dos versos, entrou na Lista de Honra do IBBY e concedéuselle o Premio Pier Paolo Vergerio da Universidade de Padua (Italia), un dos máis prestixiosos de Europa. Co poemario Arredor do teu corpo gañou o Premio Illas Sisargas. Pero estes son só algúns dos moitos recoñecementos que atesoura. Algúns dos seus poemas foron musicados por grupos de Galicia e por músicos como Antón Seoane e Paco Ibáñez. Mantén unha intensa actividade na rede dende o blog Versos e aloumiños.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.