Aberto o prazo de solicitudes para participar no mercado da romaría de San Cosme e San Damián 2019

Publicado por o día 16/09/2019 na sección de Galicia,Baiona

Aberto o prazo de solicitudes para participar no mercado da romaría de San Cosme e San Damián 2019

O Concello de Baiona abre o prazo para presentar as solicitudes para a instalación dos postos de venda na Romaría de San Cosme e San Damián 2019,  dende o 13 ao 23 de setembro, ambolos dous inclusive. As solicitudes poderán presentarse ben por rexistro de entrada no concello en horario de 9:00-14:00h, ou ben pola Sede Electrónica.

A Romaría de San Cosme e San Damián terá lugar na vila o mércores 25 e xoves 26 de setembro de 2019.