A análise pormenorizada do anovado Plan Forestal Galego, recentemente presentado diante do Consello Forestal de Galicia, permite cualificalo de decepcionante; trátase dun documento pouco fundamentado, que camiña en sentido contrario ás direccións establecidas no marco europeo e estatal no que fai á sostibilidade e que propón unhas liñas de actuación claramente prexudiciais para o sector […]
Vaia por diante que aínda que a personalizo en Vdes. dous, esta carta pódese facer extensiva á inmensa maior parte das persoas que dirixen o partido que Vdes. representan. Se o fago así, e tan só porque ambos os dous teñen protagonizado nestas datas últimas declaracións ou actuacións que perseguen, coma único fin, a defensa […]
“Días pasados puidemos comprobar que no recinto industrial de ENCE en Lourizán, nunha franxa de terreo existente entre a zona ocupada polas novas instalacións de depuración da fábrica e a antiga planta de decantación de sólidos, nas proximidades do perímetro exterior que linda coa estrada Pontevedra-Marín, estanse a facer unhas obras para as que descoñecemos […]
A “Asociación Pola Defensa da Ría de Pontevedra” vén de presentar alegacións no trámite de avaliación de impacto ambiental do proxecto para o almacenamento de “cinzas voantes de carbón” no porto de Marín, un proxecto promovido por Cementos Cosmos S.A. Para a APDR, a instalación proposta non ten cabida no porto de Marín por non […]
Diante do acordo establecido o pasado 3 de xaneiro entre o BNG e o PSOE no marco do proceso de investidura do Presidente Sánchez, a Xunta Directiva da Asociación Pola Defensa da Ría de Pontevedra (APDR) quere facer pública a súa valoración verbo do recollido no amentado acordo respecto ás medidas contempladas para afrontar o saneamento […]
Desde hai uns meses, e sen dúbida como resposta á situación de acoso social que atravesa a empresa, veñen aparecendo nos medios de comunicación notas de prensa (publicidade pagada ou encuberta, nalgúns casos) que baixo rimbombantes titulares (“modelo de mejora contínua”, “control en continuo de las emisiones” ou “ENCE contribuye a mitigar el cambio climático”) […]
Milleiros de persoas (máis de 10.000 segundo Europa Press) saíron á rúa onte domingo para expresar, máis unha vez, o sentir maioritario da poboación da comarca pontevedresa contra da presenza de ENCE na Ría. Porque as persoas que se achegaron a Lourizán representan só unha pequena parte da inmensa maioría da poboación da comarca que […]
O próximo domingo 16 de xuño unha nova mobilización recorrerá a chamada autovía entre Marín e Pontevedra contra a permanencia de ENCE na Ría. A empresa de pasta de papel debería ter abandonado os terreos de dominio público que ocupa na actualidade en xullo de 2018, como teñen sinalado as institucións xudiciais. A fábrica de […]
A “Asociación Pola Defensa da Ría de Pontevedra” (APDR), quere manifestar o seu apoio á mobilización proposta pola “Plataforma polo saneamento da Ría” para o vindeiro sábado 8 de xuño, día mundial dos océanos, no peirao de Combarro, unha mobilización que ten por obxectivo denunciar a contaminación das augas da nosa Ría, que inflúe de […]
“A concesión de bandeiras azuis a cinco praias da Ría, é unha proba clara de que ENCE non contamina”. Con esta proba, rigorosa e científica onde as haxa, esgrimida polo delegado de ENCE, Sr. Casal, disípanse todas as dúbidas sobre o cumprimento da legalidade dos vertidos de ENCE á Ría de Pontevedra; como no caso […]
Resulta certamente irónico que o candidato do PP á alcaldía de Pontevedra, Rafael Domínguez, fale de “abrir Pontevedra a la Ría”, e máis cando ao través das propostas que inclúe dentro dese proxecto deixa ver o que agacha baixo ese titular. Podemos coincidir co Sr. Domínguez en constatar que Pontevedra vive de costas á Ría, […]
“Queremos invitarvos a participar na “I Marcha da Dignidade de Lourizán”, baixo o lema “Recuperemos o noso paraíso roubado”, que terá lugar o próximo sábado día 4 de maio. Sairemso ás 17:00 horas da Praza dos Praceres e iremos ata o Pazo de Lourizán pola estrada vella. “Trátase dun itinerario simbólico, polo “camiño das tropelías”, […]
Diante das declaracións realizadas polos representantes sindicais dos traballadores da empresa ENCE ao respecto dos “actos vandálicos” que se produciron na tarde-noite da manifestación organizada na defensa dos interese do capital financeiro de ENCE polos comités de empresa, o PP e CC.OO. e durante a campaña de propaganda da amentada manifestación, declaracións nas que se […]
A empresa ENCE, que recoñece estar nunha posición “menos sólida” que hai uns meses pola decisión do Estado de achantarse fronte aos recursos presentados pola Asociación Pola Defensa da Ría, polo Concello de Pontevedra e por Greenpeace diante da Audiencia Nacional, vén de expresar nun comunicado público a súa satisfacción tras coñecer que os citados […]
Na voráxine de declaracións de apoio á permanencia de ENCE en Lourizán, declaracións auspiciadas sen ningunha dúbida desde a empresa pasteira, chaman poderosamente a atención as realizadas polas cúpulas das confrarías da Ría. E sorprenden non só polo esperpéntico que resulta ver que ás persoas que deberan velar pola defensa da calidade das augas da […]