🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

Obradoiro: Contra a pobreza enerxética, alternativas e dereitos

O vindeiro sábado 24 de febreiro convidamos a participar no obradoiro que baixo o título: “Contra a pobreza enerxética: alternativas e dereitos” conducirá María Campuzano (Aliança Contra la Pobresa Energètica- APE e Ingeniería Sin Fronteras). Será nos locais da parroquia do “Cristo da Vitoria” (rúa Baiona 9, Vigo) a partires das 12h00. A actividade está organizada pola […]

3/11 – Presentación do libro “Vidas Culpáveis, o controlo neoliberal do crime”

Presentación do libro “Vidas Culpáveis, o controlo neoliberal do crime” que se vai celebrar o venres 3 de novembro a partires das 20:30 na Cova dos Ratos (rúa Romil 3, Vigo). O acto contarás coa presenza do seu autor Borxa Colmenero. O acto está organizado polo GAS, a ODS-Coia e Lapsus. Presentación do libro: “Ás instituições de encerramento prototípicas da sociedade disciplinar, tais como […]

Sábado 1/10 – Charla: “Precariedade, pobreza e dereitos sociais”, Koldobi Velasco

O vindeiro sábado 1 de outubro temos o pracer de ter en Coia a Koldobi Velasco. Falará de “Precariedade, pobreza e dereitos sociais” nunha charla que realizaremos nos locais da parroquia do “Cristo da Vitoria” a partires das 12h00. A xente da ODS e do G.A.S. organizamos esta charla aproveitando que, o día anterior, Koldobi […]

23/06 – Palestra de José Iglesias: “Potencial transformador do municipalismo”

O xoves 23 de xuño, día da festa de San Xoán, contaremos coa presenza de José Iglesias Fernández (Seminario de Economía Crítica Taifa) que falará “Potencial transformador do municipalismo”. A palestra comezará ás 19:30 no local da cooperativa Árbore (r/López Mora, 30 – Vigo) nunha actividade que organizamos: Árbore, G.A.S. e a ODS-Coia.

Manifesto da concentración en solidariedade cos titiriteiros

Todas terroristas! Todas criminais! Todas perigosas! Titiriteiros, precarias, sindicalistas, independentistas, anarquistas, rapeiros, estudantes, xente que para despexos ou que loita polos dereitos sociais nunha rotonda. O mesmo da para eles. Calquera que se organice, que cuestione o sistema , que loite polos dereitos é un perigo. E non dubidan en empregar a represión, o medo […]

Crónica da concentración: STOP Pobreza Enerxética

Esta maña preto dunha centena de persoas convocadas por colectivos da cidade concentrámonos ás portas da Xunta de Galicia en Vigo para esixir o fin da pobreza enerxética e subministros básicos garantidos para todas. Achegamos o manifesto lido esta maña na concentración: Cos nosos dereitos non se negocia. Subministros básicos para todas! A Xunta de […]

Concentración: STOP POBREZA ENERXÉTICA #luzaugagasparatodas

Xoves 4 febreiro – 11:30 – Delegación da Xunta de Galicia en Vigo ODS-Coia, PAH Vigo Tui-Baixomiño, Os Ninguéns, RSP Vigo e G.A.S. A ODS-Coia, PAH Vigo Tui-Baixomiño, Os Ninguéns, RSP Vigo e G.A.S. xuntámonos para dicir: Cos nosos dereitos non se negocia. Subministros básicos para todas! Sufrimos a miseria e a precariedade que provoca a […]

Palestra: A cen anos do Congreso Internacional da Paz. Ferrol 1915

Este sábado 21 de novembro a xente do Espazo Aberto Antimilitar, do G.A.S. e da ODS-Coia organizamos: – Palestra: “A cen anos do Congreso Internacional da Paz. Ferrol 1915”. A cargo de Eliseo Fernández, investigador especializado no movemento obreiro galego en xeral, e no anarcosindicalismo e o anarquismo en particular. Será o sábado 21 ás […]

Os cartos das empresas “amigas” para necesidades sociais

Esta mañá ao redor de corenta persoas participamos no acto que levaba por título: “Rescatemos ás persoas, non aos aparcadoiros”. Na cidade fermosa para as empresas amigas do goberno municipal a nós tócannos as migallas. Moi preto da entrada do aparacadoiro están as dependencias dos servizos sociais municipais. Eses que están colapsados e que “non […]

Ningún negocio coas nosas necesidades! Acto de entrega colectiva do Tícket Eléctrico

A ODS-Coia, a parroquia do “Cristo da Vitoria” e o Grupo de Axitación Social (G.A.S.) convocamos un ACTO de ENTREGA COLECTIVA do TÍCKET ELÉCTRICO da Xunta baixo o lema: “NINGÚN NEGOCIO COAS NOSAS NECESIDADES”. Será o MARTES 28 de abril a partires das 10:30 na DELEGACIÓN da XUNTA de GALICIA en VIGO (no edificio da […]

Concentración no xulgado: O Concello reparte esmola, nós esiximos dereitos sociais!

O próximo xoves 29 de xaneiro, ás 10:45 celebrarase a vista no proceso iniciado por unha compañeira da ODS-Coia contra a denegación de dúas Axudas de Emerxencia Municipal por parte do Concello de Vigo. En apoio desta compañeira, a ODS-Coia, a parroquia “Cristo da Vitoria” e G.A.S. convocamos unha concentración de apoio nas portas dos […]

Crónica concentración acto público de denuncia da discriminación a migrantes no acceso o RISGA

– Ningunha persoa sen dereitos! Foi un dos berros máis repetidos esta mañá na concentración ás portas da delegación da Xunta de Galiza en Vigo. Con este acto convocado polo Foro Galego de Inmigración, a Oficina de Dereitos Sociais de Coia e o Grupo de Axitación Social queriamos denunciar a discriminación que sofren as persoas […]

VENRES 17 – No renomeado “Día contra a Riqueza” lanzamos a campaña galega: “Da RISGA á RBis”

Volvemos ás rúas para celebrar o 17 de outubro, data que renomeamos o ano pasado como “Día contra a riqueza”. A Oficina de Dereitos Sociais de Coia, a Parroquia Cristo da Vitoria, o Grupo de Axitación Social (GAS) e as xentes de Baladre aproveitamos este día para denunciar, unha vez máis, que o capitalismo é o responsable da desigualdade, da inxustiza, da pobreza… que […]

Mesa de recollida de sinaturas da ILP pola Renda Básica no Calvario

Volvemos ás rúas para seguir coa recollida de sinaturas da ILP pola Renda Básica. Esta vez será o barrio do Calvario o lugar escollido para montar unha mesa de recollida de firmas da ILP. O venres 18 de xullo as xentes da ODS-Coia, do G.A.S. e da parroquia do Cristo da Victoria estaremos diante do […]

Mesa de recollida de firmas da ILP pola Renda Básica diante do MARCO

O venres 4 de xullo volvemos á rúa para continuar coa recollida de sinaturas da ILP pola Renda Básica. O lugar escollido para poñer a mesa é a rúa do Príncipe, diante das escaleiras do MARCO. Dende as 18:00 ata as 20:00 a xente da ODS-Coia, do G.A.S. e da parroquia do Cristo da Victoria estaremos recollendo sinaturas e […]

Luns 30: Asemblea aberta de información e denuncia das Políticas Sociais

A ODS-Coia, a parroquia do Cristo da Victoria e o G.A.S. convocamos unha ASEMBLEA ABERTA de INFORMACIÓN e DENUNCIA das POLÍTICAS SOCIAIS, o LUNS 30 de xuño a partires das 20:00 no salón de actos da parroquia do Cristo da Victoria (r/Baiona 9, Coia – Vigo). Achegamos o texto da convocatoria: Non podemos seguir a consentir a situación de total […]

Crónica do acto de recollidas de sinaturas para a ILP pola Renda Básica no Concello de Vigo

Esta mañá a ODS-Coia, a Parroquia Cristo da Victoria e GAS concentrámonos xunto a entrada do Concello de Vigo para continuar coa campaña de recollida de sinaturas para a Iniciativa Lexislativa Popular pola Renda Básica. De 10h00 a 13h00 non pararon de achegarse persoas que apoiaron esta iniciativa coas súas sinaturas. No acto pretendiamos informar á […]

VENRES 27: Fronte á esmola do “Cheque social” dereitos. Acto de recollida de firmas da ILP pola Renda Básica

A ODS-Coia, a Parroquia do Cristo da Victoria e o Grupo de Axitación Social volvemos á praza do Rei, nesta ocasión cunACTO de RECOLLIDA de SINATURAS da ILP pola RENDA BÁSICA. Será o VENRES 27 de xuño de 10:00 a 13:00 ás portas do CONCELLO de VIGO. O lema deste acto de recollida de firmas é: FRONTE […]

Case mil firmas recollidas para a Iniciativa Lexislativa Popular pola renda básica

Esta mañá a ODS-Coia, a Parroquia Cristo da Victoria e GAS concentrámonos xunto a entrada dun hipermercado en Coia para continuar coa campaña de recollida de sinaturas para a Iniciativa Lexislativa Popular pola Renda Básica. De 10h00 a 13h00 non pararon de achegarse decenas de persoas que apoiaron esta iniciativa coas súas sinaturas. En so […]

VENRES 13 xuño – Mesa de recollida de sinaturas da ILP pola Renda Básica dinte do Alcampo de Coia

A ODS-Coia, o G.A.S. e a parroquia “Cristo da Victoria” volvemos ás rúas co obxectivo de continuar coa recollida de sinaturas da ILP pola Renda Básica. O VENRES 13 de xuño, de 10h00 a 13h00, montaremos unha mesa de recollida de sinaturas diante do ALCAMPO de COIA (r/Grove 1). Asina esta iniciativa para esixir aos […]

Crónica do acto sobre á ILP Renda Básica

Esta mañá a Parroquia Cristo da Victoria, a ODS-Coia e GAS concentrámonos xunto a entrada da delegación de Facenda en Vigo para continuar coa campaña de recollida de sinaturas para a Iniciativa Lexislativa Popular pola Renda Básica. De 10h00 a 13h00 centos non pararon de achegarse persoas que apoiaron esta iniciativa coas súas sinaturas. O […]

Mesa de recollida de sinaturas da ILP pola Renda Básica ás portas de Facenda

Na semana que entra a ODS-Coia, o G.A.S. e a parroquia “Cristo da Victoria” volvemos ás rúas co obxectivo de continuar coa recollida de sinaturas da ILP pola Renda Básica. O LUNS 9 de xuño de 10h00 a 13h00 estaremos ás portas da delegación de FACENDA en Vigo (r/Lalín 2) para recollermos sinaturas. E o […]

Acto de rúa en Facenda para comezar coa recollida de sinaturas da ILP pola Renda Básica

A ODS-Coia, a parroquia do Cristo da Victoria e o Grupo de Axitación Social convocamos un ACTO de RÚA diante de FACENDA (r/Lalín 2-  VIgo) o VENRES 30 de maio de 10h00 a 13h00 no que recolleremos sinaturas da Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) pola Renda Básica. Montaremos unha mesa informativa ás portas da delegación de facenda en Vigo e ás […]

A concelleira de Benestar Social non é quen de dar solucións ao colapso das Axudas de Emerxencia Municipais

Centos de nenos e nenas estaban na praza do rei para celebrar o Correlingua. Non o sabiamos, pero Isaura Abelairas alí estaba para abrir o acto desta festividade da lingua galega. Coma tantas outras veces, a anterior o venres 2 de maio, ducias de persoas acudiamos ás portas do concello para denunciar o atasco na […]