O lindano está por todo O Porriño, na Avda. de Galicia e en Sanguiñeda-Mos debaixo da discoteca Queen

Dende a Plataforma Antilidano da Louriña comunicamos que, despois de visionar a gravación do pleno municipal do Porriño do día 19 de marzo (http://mediateca-oporrino.seneca.tv) non entedemos como este mesmo goberno municipal, que nos tacha de alarmistas e irresponsables, concretamente o Concelleiro de Medioambiente, o señor Marcelino Coto, recoñece abertamente marzo que: • O lindano está […]

A Plataforma Antilindano da Louriña sintense desamparados polas institucións

Dende a Plataforma Antilidano da Louriña queremos, unha vez máis, poñer en coñecemento da opinión pública a lamentable situación de desamparo, falta de transparencia e falta de responsabilidade que estamos a vivir con relación á contaminación por lindano. A Consellería de Medioambiente comprometeuse a presentar unhas conclusións sobre as catas tomadas na Pereira-Contrasto a finais […]

Valoración da asemblea da Plataforma Antilindano A Louriña

Na asemblea celebrada onte, venres 26 de xaneiro, fixemos un repaso da cronoloxía da contaminación por lindano no Porriño e Mos. Constatamos como dende o ano 2001 ,coa inauguración do parque do lindano, en Torneiros non se moveu un dedo por parte de ningunha administración. A veciñanza dos polígonos de vivendas de protección oficial seguen […]

A Plataforma Antilindano da Louriña convoca a súa segunda asemblea para este venres

A Plataforma Antilindano da Louriña convoca a súa segunda asemblea para este venres, 26 de xaneiro, ás 20.00 horas no local da Asociación VV. San Rosendo Alba. Darase conta ás persoas asistentes dos datos recomplidados ata o momento por parte da comisión xestora, tanto sobre a localización de verteduras de lindano como da xestión durante […]

Posibles verteduras de terras contaminadas con lindano diante do colexio de Sanguiñeda

Despois de recibida por varias vías información sobre posibles verteduras de terras contaminadas con lindano diante do colexio de Sanguiñeda, membros da xestora da Plataforma Antilindano da Louriña decidimos recoller datos de primeira man. O pasado 4 de xaneiro mantivemos unha reunión con varias persoas que nos anos 90 formaban parte de ANPA do CEIP […]

A Plataforma Anti-lindano da Louriña manifesta que seguen sen unha solución

Manifestaban o seu desacordo no día de onte mediante un comunidado no que decian o seguinte: Queremos amosar o noso profundo malestar e desacordo, tanto coas declaración da Alcaldesa do Porriño aparecidas hoxe na prensa, como coa xestión en xeral que están a levar a cabo Xunta e Concello. É triste que aínda se reuniran […]