O vindeiro xoves 28 de xaneiro vai celebrarse un novo pleno telemático, onde, entre outros asuntos, vai debaterse unha moción presentada pola Agrupación de Electores/as de Redondela (AER). En dita moción, AER pide a reprobación do voceiro do BNG de Redondela, Xoán Carlos González, polas verbas realizadas no pleno do 22 de decembro de 2020, […]
A Agrupación de Electores de Redondela (AER) esixe a Xoán Carlos González unha desculpa sincera ás mulleres en xeral, e a Susaña Couñago en particular ou, en caso contrario, pedirá a súa dimisión no Pleno do Concello de Redondela. O pasado día 22 de decembro, no Pleno ordinario do Concello de Redondela, cando se discutía […]
A decisión será tomada pola Asemblea da Agrupación de Electores unha vez se complete a valoración da primeira experiencia de goberno. En xullo de 2021 producirase o tradicional relevo dos concelleiros/as de AER a metade de mandato. A incógnita nestes momentos é se as persoas de AER que se incorporen ao consistorio o farán como […]
O mércores 5 de febreiro de 2020 ditouse a sentenza pola que se declara contraria a dereito a esixencia do empadroamento para a obtención da nova tarxeta de transporte PASS VIGO. Polo Xulgado do Contencioso Administrativo nº 1 de Vigo ditouse o mércores día 5 de febreiro de 2020 a sentenza na que se declara […]
O pasado 27 de setembro o Partido Popular enviou un comunicado de prensa onde literalmente din “O PP reuniuse para facer balance dos cen días de goberno do bipartito”. O PP sabe perfectamente que o goberno constitúese no pleno de organización, non no de investidura. Neste pleno é onde se designan as concellerías do goberno […]
Os dous partidos da oposición puxéronse dacordo para aprobar a proposta do BNG, o que supón un incremento do gasto de 90.000 euros para este mandato nas asignacións que o Concello terá que facer aos Grupos Municipais. Secretario e Interventor puxeron reparo á proposta que foi aprobada por BNG e PP AER lembra que, co […]
O día de onte supón un fito para a traxectoria de AER: tal e como se comprometera na campaña, AER foi quen de acadar un acordo que porá fin ao goberno do PP en Redondela tras oito anos de mandato “popular”. O pacto de investidura asinado onte co PSdG de Redondela inclúe máis de 40 […]
Para chegar a un acordo, antes de nada é necesario repoñer a honra dos membros de AER que Santos Héctor tratou manchar dun xeito tan noxento coma covarde. As outras condicións sine qua non de AER son: aumentar a transparencia do Concello, establecer criterios obxectivos (especialmente nas contratacións, subvencións, etc.) e favorecer a participación cidadá. […]
Seguindo coa filosofía de renovación da Agrupación, ningunha das 8 persoas que xa foron concelleiros e concelleiras con AER neste mandato aparece entre os primeiros 6 postos. A candidatura de AER está encabezada por Susana Couñago, Roberto Villar “Beretix”, Daniel Boullosa, Cuni Orge, Carmela Darriba e Manu Vila. AER acredita na alternancia, polo que tentará […]
A Agrupación de Electores de Redondela (AER) vén de denunciar o abandono por parte do goberno local do Partido Popular do Departamento Municipal de Servizos Sociais. Cada vez vén sendo máis preocupante a total descoordinación política da Concellería de Servizos Sociais, dirixida por Mari Carmen Amoedo. Así é o que está acontecendo coa contratación de […]
A Agrupación de Electores de Redondela (AER) é un colectivo veciñal asembleario que naceu en abril do 2011 froito da indignación cidadá coa situación social, democrática e política; que para non ser un partido máis, decidiu presentarse ás eleccións municipais baixo o formato dunha Agrupación de Electores. Para presentar candidaturas, as agrupacións de electores necesitan […]
A Agrupación de Electores de Redondela vén de presentar o pasado día 15 de outubro sendas solicitudes ante a Xunta de Galicia, a Deputación de Pontevedra e o Goberno de España reiterando demandas veciñais históricas de Redondela para que cada administración asuma ás súas responsabilidades respecto ás súas competencias. Así pois, como é competencia de […]
A lista de demandas remitida elaborouse a partir das esixencias históricas da veciñanza que levan anos sen resposta de ningunha das administracións gobernadas polo PP, PSOE e BNG. A Agrupación de Electores de Redondela (AER) quere denunciar o esquecemento das administracións central, da Xunta e da Deputación de Pontevedra con numerosas demandas históricas da veciñanza […]
A Agrupación de Electores de Redondela (AER) celebra a aprobación deste novo regulamento que obrigará aos grupos políticos do Concello de Redondela a render contas e a non financiar os seus partidos políticos. Un regulamento polo que AER leva moitos anos loitando. Despois da nosa experiencia no primeiro mandato, vendo o funcionamento dos grupos políticos […]
Hai muros cos que se parapetou recentemente o río que xa comezaron a caer, e no paseo volveu aflorar o lamentable entullo utilizado para a súa construción. AER xa advertira que o Maceiras desborda de xeito natural e que o axeitado sería un sendeiro natural sen necesidade de muros nin “beirarrúas”, pero o goberno local […]
A iniciativa abrangue os cascos urbanos e máis as parroquias do concello. A Agrupación de Electores de Redondela (A.E.R.) presentará unha moción ao Pleno do Concello para que se implante un programa de murais artísticos (graffitis) para combater o feísmo arquitectónico. Na proposta, AER solicitará que o Goberno Local dispoña da financiación necesaria para levar […]
En xuño do ano pasado aprobáranse, en pleno extraordinario, os investimentos para o remanente do ano 2017 co apoio de AER, incluíndose diversas aportacións e demandas veciñais achegadas para a súa consideración por AER. A sinalización e mellora da Ruta das Pedras foi unha desas demandas, neste caso da veciñanza de Ventosela. AER levaba todo […]
A Agrupación de Electores de Redondela, reunida en Asemblea Xeral, decidiu que AER se presentará por terceira vez ás eleccións municipais o próximo mes de maio. Para que iso sexa posible, AER necesita previamente recoller, como mínimo, cincocentas sinaturas de veciños e veciñas de Redondela con dereito a voto. Esta é a diferencia máis grande […]
No pleno do 27 de xullo de 2017 tratouse a incorporación, para obras municipais, de máis dun millón de euros procedentes do remanente do 2016; aprobada coa abstención do PSOE e o voto en contra do resto da oposición. Entre os numerosos investimentos onde decidiu o PP investir este remanente, estaban: -Acondicionamento e mellora de […]
Esta semana recibimos resposta de Augas de Galicia á queixa formulada por AER o pasado 13 de maio, onde solicitabamos ante este organismo a inmediata paralización das obras ata o mes de xullo, así como a retirada da escollera e dos muros que non estaban contemplados no proxecto autorizado. Augas de Galicia comunícanos que “mediante […]
Esta documentación viu como resposta a sendas denuncias de usuarios de Servizos Sociais de Redondela polas deficiencias en accesibilidade no seu actual edificio, que tamén é coñecido como o “antigo conservatorio”. Desas denuncias, a Oficina de Atención a la Discapacidad (OADIS) concluíu xa no ano 2016 a obrigatoriedade de que tódolos edificios públicos cumpran cos […]
Despois de que o pasado 3 de marzo AER notificara ao goberno local a grave falta de seguridade nas obras que o Concello está desenvolvendo no entorno do Centro Cultural A Miñoteira de Ventosela, vimos de comprobar que non se tomou medida algunha ao respecto. Na parroquia de Ventosela, no parque infantil da Miñoteira, o […]
A Agrupación de Electores de Redondela vén de apoiar xunto cos demais grupos municipais a inclusión do Concello de Redondela no Itinerario Cultural do Consello de Europa “Camiños de Arte Rupestre (CARP)”. Esta proposta do goberno local foi acollida por AER, máis na Comisión de traballo realizada para avaliala, a Agrupación de Electores indicaba que […]
Crónica de AER No pleno do pasado xoves 30 de novembro de 2017 Javier Bas organizou unha “autocomparecencia”, que pretendía levar a cabo sen réplicas, nin preguntas, nin intervencións de ningún tipo por parte da oposición. Como precedente, na xunta de voceiros do martes 28, comunicou aos grupos da oposición que a comparecencia, a petición do […]
Sendo coñecedores dende AER que o goberno local pretendía contratar traballadoras sociais para cubrir as ausencias por vacacións de verán, no pasado mes de xullo solicítase acceso á información relativa a esta cuestión. Unha vez comprobado o expediente, a Agrupación de Electores observa que dende o goberno local deféndese esa contratación en base a, segundo […]
A semana pasada asistiamos a dúas novas en prensa que facían referencia explícita á Policía Local de Redondela. Por unha parte, a demanda da Federación de Asociacións De veciños “San Simón” de máis presenza policial nas noites festivas e con máis afluencia á nosa vila. Por outra parte, temos a “estraña” nova de ver como […]
Desde AER no dan entendido por que o goberno municipal do PP alardea coa recente resolución xudicial sobre Área Metropolitana, pois esta sentenza non suspende a constitución da Asemblea da Área Metropolitana polo problema do Transporte Metropolitano, senón polas ilegalidades/irregularidades na designación de representantes de Gondomar e Moaña que provoca que non sexa válida a mesa […]
O grupo municipal da Agrupación de Electores de Redondela, en base ao artigo 19 do Regulamento Orgánico do Concello de Redondela, presentara a seguinte MOCIÓN, para o seu debate, e no seu caso, aprobación no vindeiro Pleno Ordinario. EXPOSICIÓN DE MOTIVOS O día 22 de Marzo de 2017 rematou o actual contrato de “colaboración na […]
AER, tras presentar xa hai un ano no pleno municipal de Redondela unha moción sobre a “adhesión ao Programa Cidades Amigas da Infancia de UNICEF”, critica a deixadez do goberno municipal do Partido Popular por non cumprir co acordado, de forma unánime no pleno do 31 de marzo de 2016. O Programa promove a creación […]
No pasado mes de novembro, AER trasladou ao pleno de Redondela un rogo sobre o problema de accesibilidade á súa vivenda dun veciño con discapacidade e da súa familia, residentes no camiño A Costa de Chapela. A intención destes veciños era chamar a atención do goberno local e dos grupos con representación na Deputación de […]
Aínda que xa era un ruxe ruxe, a intención do Ministerio de Fomento e Audasa de levantar un muro de formigón nos terreos expropiados do CEIP Igrexa de Chapela para que os posibles vehículos accidentados no novo carril da AP-9 non invadan as instalacións educativas, vaise converter nunha realidade inexplicable, sorprendente, e totalmente inxusta, aceptada […]