As centrais chaman a participar na manifestación convocada en Vigo a prol do indulto a Carlos e Serafín

Os secretarios/a comarcais da CIG, CCOO e UGT de Vigo compareceron hoxe en rolda de prensa para facer un chamamento ao conxunto da cidadanía a participar na manifestación convocada este xoves 22 para reclamarlle ao Goberno español que lle conceda o indulto a Carlos Rivas e Serafín Rodríguez, os dous traballadores condenados a tres anos […]

A sanidade pública é o pilar fundamental para vivir en saúde

Comunicado plataforma SOS Hospital Meixoeiro Despois de ver pasar cada día e cada ano por diante dos nosos ollos a TOTAL DESTRUCIÓN da Sanidade Pública, moitas persoas, reunidas en diferentes grupos e organizacións, vimos de xuntarnos para convocar o que queremos que sexa unha gran manifestación, que nesta ocasión partirá o próximo día 18 de […]

Lumes Nunca Máis! e a CIG chama á mobilización contra a Lei de Depredación do PP e contra a vaga de lumes

A CIG chama a participar na manifestación convocada pola ‘Plataforma contra a Lei de Depredación de Galiza’ para o vindeiro domingo día 22 de outubro, con saída ás 12:00 horas da Alameda compostelá. Unha lei aprobada de forma antidemocrática e “golpista” polo PP que baixo o nome de Lei de Fomento de Implantación de Iniciativas […]

Lanzada a campaña de celebración do Día da Patria Galega co lema “Galiza, a nación que compartimos”

O BNG presentou a campaña de celebración do Día da Patria baixo o lema Galiza, a nación que compartimos para simbolizar a aposta por un novo país, inclusivo e beneficioso para todos e todas: “Creemos que é o momento desde o nacionalismo de propoñer un novo proxecto de país inclusivo e beneficioso para as grandes […]

Maniféstate pola lingua. En galego sen limites! #17MQueremosGalego

A plataforma cidadá Queremos Galego, composta por máis de 500 colectivos sociais de todo tipo, anunciou hoxe a convocatoria dunha multitudinaria manifestación para o 17 de maio baixo o lema “en galego sen límites”. A manifestación percorrerá as rúas de Santiago de Compostela saíndo ás 12h da Alameda. O anuncio foi realizado hoxe polo voceiro […]

Manifestación contra a fraude das horas extra non pagadas

A CIG-Banca vén de pór en marcha unha campaña contra a fraude das horas extra non pagadas que se iniciará cunha manifestación polas rúas da Coruña o vindeiro día 8 de maio. No decurso da mobilización, que partirá da oficina de Abanca na Rúa Nova da Coruña e rematará na oficina de Bankia da Rúa […]

A asemblea de Pescanova ratifica a suspensión da folga indefinida mentres se celebran as negociacións sobre o convenio

A asemblea de traballadores/as de Pescanova celebrada hoxe en Chapela aprobou por unanimidade a proposta das centrais de suspender a folga indefinida prevista para o vindeiro día 4 mentres se celebran as xuntanzas fixadas pola mediación laboral para intentar chegar a un consenso sobre os novos convenios colectivos. Con todo, o cadro de persoal da […]

A mediación fixa tres xuntanzas para abordar o incremento salarial, a flexibilidade e as novas categorías laborais en Pescanova

A Inspección de Traballo, que esta tarde iniciou a mediación no conflito laboral de Pescanova a instancias da Xunta, fixou tres xuntanzas entre a CIG, CUT, UGT e USO e a dirección -CCOO participa nunha mesa de negociación distinta tras o veto dos outros sindicatos polo seu comportamento desleal- para abordar o que até o […]

Centos de persoas solidarízanse coa loita do persoal de Nueva Pescanova na segunda xornada de folga

Varios centos de persoas participaron hoxe na manifestación convocada en Vigo polo cadro de persoal de Nueva Pescanova coincidindo coa segunda xornada de folga para reclamar uns convenios colectivos dignos na empresa de alimentación. Durante a marcha berráronse consignas a prol da posta en liberdade do traballador detido pola Policía española a primeira hora da […]

Un detido na folga de Pescanova

Hoxe ás oito da mañá era detido Luis Bar, traballador de Pescanova e activista sindical da CUT, membro da Executiva Comarcal de Vigo. Dende as cinco da mañá o piquete das traballadoras e traballadores agardaban a saída das compañeiras e compañeiros da quenda de noite. A partitura ademais, como non podería ser doutra maneira, estivo […]

“Levantámonos porque non imos precarizar o emprego nin ser propiedade deles de luns a domingo”

Ana Bélen Vázquez Martínez Operaria de produción no centro industrial de Pescanova España en Chapela. Leva 14 anos na empresa e é a única representante da CUT na negociación do Convenio Colectivo. Pescanova vive un momento histórico. É a primeira vez que paran as máquinas dende a creación da empresa en 1960. Case 11 meses […]

Plataforma en Defensa da Sanidade Pública Comarca Monterrei convoca unha manifestación este sábado

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Comarca de Monterrei convoca unha manifestación este sábado 18 en Verín para reclamar unha sanidade pública e de calidade na bisbarra e denunciar as numersoas deficiencias detectadas na prestación sanitaria. A marcha -cuxa convocatoria foi decidida en asemblea o pasado mes de febreiro- arrincará da Praza do […]

A CIG reiterou que só a través da contestación social se poderán recuperar os dereitos roubados

Recuperar os nosos dereitos e derrotar as contrarreformas laborais. Baixo esa consigna a CIG mobilizouse no día de onte 10 de Marzo, Día da Clase Obreira Galega, por todo o país. Unha data na que se rememora os feitos ocorridos en Ferrol no ano 72, cando Amador Rey e Daniel Niebla foron asasinados a tiros […]

A columna galega das machas da dignidade volve a tomar as rúas

Onte, na asemblea de Compostela, decidiuse facer a manifestación do 25 de febreiro na Coruña. Como ben sabedes que, ademáis das reivindicacións habituais como a de pan, traballo e teito, o tema protagonista desta manifestación galega é a defensa das pensións e dos servizos públicos. Desde a columna galega das marchas da dignidade ven que […]

Miles de traballadores/as, xubilados/as e pensionistas chegados de toda a xeografía galega sumáronse na defensa das pensións

Miles de traballadores/as, xubilados/as e pensionistas chegados de toda a xeografía galega sumáronse á manifestación convocada para este sábado pola CIG en defensa do sistema público de pensións. Unha mobilización que forma parte dunha campaña máis ampla que a central sindical puxo en marcha pola recuperación dos dereitos perdidos pola clase traballadora galega nos últimos […]

A CIG-Vigo mobilízase polas rúas da cidade en defensa do sistema público de pensións

A CIG-Vigo desenvolveu hoxe unha xornada para “quentar motores” de cara á manifestación nacional en defensa do sistema público de pensións que terá lugar en Santiago este sábado. A central desenvolveu unha asemblea de delegados/as na que se analizaron os principais retos aos que se enfrontan as pensións “presentes e futuras” e a continuación desprazouse […]

Convocada unha marcha para reclamar máis persoal no centro de saúde de Navia

A xunta de persoal do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi) e a plataforma SOS Sanidade Pública convocan, co apoio da asociación veciñal Novo Vigo, unha manifestación para reclamar máis profesionais para o centro de saúde de Navia. Os colectivos apostan por un reforzamento da atención primaria para rematar cos problemas asistenciais da área sanitaria […]

Case 4.000 sinaturas, Teis merece unha resposta e un Vitrasa urxente para o Hospital Álvaro Cunqueiro

A Asociación Veciñal de Teis, logo do éxito das mobilizacións dos meses de setembro, outubro e novembro a asociación convoca unha nova manifestación este martes 22 de novembro ás 19:00 horas, desde o mercado de Teis.  A pasada semana presentamos no Concello 3.654 sinaturas, para reivindicar do Concello de Vigo, un autobús directo desde Teis ao Hospital Alvaro Cunqueiro. Diante […]

En Marea esixe a paralización inmediata da aplicación da LOMCE e as reválidas en Galicia

O portavoz de En Marea, Luís Villares, sumouse a manifestación que tivo lugar esta mañá en Santiago de Compostela en defensa do ensino público no noso pais e esixir a paralización inmediata da LOMCE e as probas de reválida. Villares amosou o seu rexeitamento a LOMCE e loitar por un sistema educativo público para todos […]