Unha vintena de mozas e mozos comezan as súas prácticas en países da Unión Europea da man da Deputación de Pontevedra

A institución destina a esta iniciativa, enmarcada no programa Practicum Depo 2019, máis de 111.000 euros, con achegas que oscilan entre os 5.821 e 6.918 euros por estudante
Publicado por o día 13/01/2020 na sección de Deputación de Pontevedra

Unha vintena de mozas e mozos comezan as súas prácticas en países da Unión Europea da man da Deputación de Pontevedra

O Goberno de Carmela Silva arpobou a adxudicación de novas bolsas de mobilidade por valor de máis de 111.000 euros destinadas a alumnado da provincia con estudos de Formación Profesional para realizar prácticas en países da Unión Europea. En total con estas axudas, enmarcadas no programa Practicum Depo 2019, unha vintena de mozas e mozos formados en centros educativos de Caldas de Reis, Cangas, Lalín, Moaña, As Neves, Ponteareas, Pontevedra, Silleda e Vigo van poder desprazarse ata Finlandia, Irlanda, Italia, Malta e Portugal.

A presidenta da Deputación destacou que a través do programa Practicum Depo 2019, a institución provincial ten por obxectivo que o alumnado e profesorado de ciclos de Formación Profesional poida completar a súa formación e realizar prácticas no estranxeiro. Así, dúas persoas partiron este mesmo mes de xaneiro cara Portugal para realizar a súa estancia e outras 18 farano en febreiro cara Finlandia, Irlanda, Italia, Malta e Portugal. Cada moza e mozo, destacou Carmela Silva, recibirá axudas que oscilarán entre os 5.821 e 6.918 euros, dependendo do país no que realicen a súa estancia, que se estenderá durante 125 días (máis de 4 meses).

Esta nova mobilidade do programa da Deputación permitirá que alumnado do CPR San Fermín (Caldas de Reis), IES de Rodeira (Cangas), IES Ramón Aller Ulloa (Lalín), IES Paralaia (Moaña), IES Pazo da Mercé (As Neves), CIF A Granxa (Ponteareas), CFEA de Lourizán e IES Luis Seoane (Pontevedra), IES Pintor Colmeiro (Silleda) e IES Ricardo Mella e CPR San Miguel (Vigo) poidan realizar as súas prácticas profesionais no estranxeiro, afondando máis nos coñecementos adquiridos en sistemas microinformáticos e redes, instalacións de telecomunicacións, aproveitamento e conservación do medio natural, coidados auxiliares de enfermería, instalacións eléctricas e automáticas, actividades físico deportivas no medio natural, xestión administrativa, xardinería e florería.

En total, vanse beneficiar do programa Practicum Depo 2019 92 estudantes graduadas e graduados en FP e 10 docentes dos centros participantes. Ao longo destes últimos catro anos e medio participaron xa nesta iniciativa da Deputación de Pontevedra 370 alumnas e alumnos e 40 profesoras e profesores, cun investimento total de 2,5 millóns de euros.

O goberno de Carmela Silva vén de aprobar a adxudicación de novas bolsas de mobilidade por valor de máis de 111.000 euros destinadas a alumnado da provincia con estudos de Formación Profesional para realizar prácticas en países da Unión Europea. En total con estas axudas, enmarcadas no programa Practicum Depo 2019, unha vintena de mozas e mozos formados en centros educativos de Caldas, Cangas, Lalín, Moaña, As Neves, Ponteareas, Pontevedra, Silleda e Vigo van poder desprazarse ata Finlandia, Irlanda, Italia, Malta e Portugal.

A presidenta da Deputación destacou que a través do programa Practicum Depo 2019, a institución provincial ten por obxectivo que o alumnado e profesorado de ciclos de Formación Profesional poida completar a súa formación e realizar prácticas no estranxeiro. Así, dúas persoas partiron este mesmo mes de xaneiro cara Portugal para realizar a súa estancia e outras 18 farano en febreiro cara Finlandia, Irlanda,  Italia, Malta e Portugal. Cada moza e mozo, subliñou Carmela Silva, recibirá axudas que oscilarán entre os 5.821 e 6.918 euros, dependendo do país no que realicen a súa estancia, que se estenderá durante 125 días (máis de 4 meses).

Esta nova mobilidade do programa da Deputación permitirá que alumnado do CPR San Fermín (Caldas), IES de Rodeira (Cangas), IES Ramón Aller Ulloa (Lalín), IES Paralaia (Moaña), IES Pazo da Mercé (As Neves), CIF A Granxa (Ponteareas), CFEA de Lourizán e Ies Luis Seoane (Pontevedra), IES Pintor Colmeiro (Silleda) e IES Ricardo Mella e CPR San Miguel (Vigo) poidan realizar as súas prácticas profesionais no estranxeiro, afondando máis nos coñecementos adquiridos en sistemas microinformáticos e redes, instalacións de telecomunicacións, aproveitamento e conservación do medio natural, coidados auxiliares de enfermería, instalacións eléctricas e automáticas, actividades físico deportivas no medio natural, xestión administrativa, xardinería e florería.

En total, vanse beneficiar do programa Practicum Depo 2019 92 estudantes graduados e graduadas en FP e 10 docentes dos centros participantes.  Ao longo destes últimos catro anos e medio participaron  xa nesta iniciativa da Deputación de Pontevedra 370 alumnas e alumnos e 40 profesoras e profesores, cun investimento total de 2,5 millóns de euros.