Nick Moss e Dennis Gruenling acaban de ser galardoados cos prestixiosos premios Blues Music Awards como mellor bluesman tradicional e armonicista do ano. Xuntos con toda a Nick Moss Band estarán por primeira vez en Vigo presentando o seu último disco ” The High Cost Of Low Living” (2018) dentro do Ciclo Internacional de Blues ” Mais Que Blues”. Cinco músicos procedentes de Chicago herdeiros dese son tan característico creado na “Cidade do Vento”, onde Nick Moss é un dos seus maiores representantes, cunha extensa carreira de 30 anos, un home do que o mesmo Buddy Guy chega a dicir: “ Nick Moss é un dos mellores músicos desta cidade, a súa actuación é unha das miñas favoritas e cada ano convídolle a tocar no aniversario do Buddy Guy Legends Club. Nick domina as seis cordas como poucos o fan en Chicago e só podemos estar agradecidos de ter e poder gozar de artistas como el”.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.