Este martes 29 de Outubro, o Ateneo Atlántico participa na presentación do primeiro tomo da obra “Castelao. Construtor da nación” de Miguel Anxo Seixas Seoane, que terá lugar ás 20:00h na Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios. Este é o primeiro dos tres volumes dunha obra exhaustiva, chamada a converterse en biografía de referencia.
Unha biografia que como un diario nos conta ano a ano a vida de Castelao dende 1886 ata 1930. Unha crónica da terra e do tempo polo que el navegou. Rianxo, a Pampa arxentina, Compostela, Madrid e finalmente Pontevedra e todas as persoas que el tratou e aquelas que dun xeito ou outro lle afectaron.
Entrada libre ata completar aforo (60 persoas).
- M. A. Seixas Seoane. Historiador, doutorado pola USC, redactor e guionista da Televisión de Galicia, coordinador do Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega.
- X. L. Méndez Ferrín. Político, escritor, ensaísta, historiador, é unha das figuras máis importantes en Galicia ao longo de todo o século XX.
- Francisco Castro é o director xeral da Editorial Galaxia
- Martes, 29 outubro · 20:00h
- Biblioteca da EMAO · r/ Garcia Barbón, 5
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.