Máis dun cento de colectivos, entre os que se atopa ADEGA, presentaron Recurso de Reposición fronte a Orde da Consellaría de Medio Ambiente, do 27 de abril, e fronte a Orde da Consellería de Economía, Emprego e Industria, do 5 de maio de 2020 pola que se dá continuidade á tramitación de preto de 1000 expedientes administrativos durante o estado de alarma.
Este recurso foi presentado polo grupo de traballo denominado “Alerta Ambiental Galega”, que nacía hai menos dun mes como resposta ao [https://%20www.xunta.gal/c/document_library/get_file?folderId=1417255&name=DLFE-36813.pdf%20]acordo do Consello da Xunta do xoves 30 de abril do 2020 (DOG deste 4 de maio) no que se aprobou reactivar a tramitación administrativa en materia de avaliación ambiental de 975 proxectos que estaban paralizados polo Real Decreto que declarou o Estado de alarma. Posteriormente, a Xunta de Galicia ditou unha nova Orde a través da Consellaría Industria, que se publicou no DOG do 11 de maio, pola que non só se daba luz verde á continuidade da tramitación de centros de expedientes administrativos con forte impacto ambiental, senón que lexitimaba á Xunta para aprobar tales proxectos industriais de grande impacto.
Petición de suspensión cautelar das ordes da Xunta
As entidades recorrentes piden a suspensión cautelar de ambas Ordes da Xunta por contravir o Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo do 2020, polo que foi declarado o Estado de alarma, que estableceu con carácter xeral a suspensión dos termos e dos prazos para a tramitación dos procedementos das entidades do sector público. Só contempla, como forma excepcional, que se poidan acordar, mediante resolución motivada, a continuación daqueles trámites que sexan indispensables para a protección do interese xeral ou para o funcionamento básico dos servizos.
Porén, a Xunta aproveita esa excepcionalidade do Real Decreto para subverter a regra xeral, e atribuírlle tal carácter a preto de mil expedientes que, na súa maioría non son de interese xeral nin son indispensables ou estritamente necesarios para o funcionamento básico dos servizos públicos. Ademais, a Xunta intenta xustificar en abstracto ao alcance do interese xeral de ditas excepcións, cando debería telo feito expediente a expediente ou proxecto a proxecto. Por tanto, estas dúas ordes da Xunta estaríase deixando sen efecto as disposicións previstas no Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma relativa á suspensión dos prazos administrativos.
Menoscabo dos dereitos dos administrados
Esta situación resulta especialmente grave, cando aínda nos enfrontamos a unha seria crise sanitaria e a poboación continúa con a estar limitada para o desenvolvemento de moitas das súas actividades de forma normalizada. Tamén están limitados os movementos e posibilidades de organización veciñal para responder a proxectos industriais de tan grande impacto. Por tanto, mentres dure o Estado de alarma os dereitos fundamentais dos administrados sofren un menoscabo e as persoas e colectivos temos menos posibilidades de exercer o control sobre a acción administrativa en materia de medio ambiente ou para evitar que dela se deriven ilegalidades.
Intervención da Delegación do Goberno
Así mesmo, as entidades recorrentes vimos de instar á Delegación do Goberno en Galicia para que atenda a ditos recursos de reposición e revise pola súa banda se as ordes das consellarías de Medio Ambiente e de Industria da Xunta de Galiza se axustan ás disposicións do Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo do 2020, ou se pola contra as contraveñen.
Apoio social
O conxunto de 107 organizacións cidadás de toda Galicia, converteuse nun movemento social importante que mostra a preocupación ante unha Xunta que parece que goberna de costas aos intereses dos seus cidadás e que lle está a pedir que rectifique.
Eis, o listado de plataformas, asociacións e colectivos que presentaron o recurso:
- A Rente do Chan-Pladever
- AAVV 3 de maio
- ADEGA
- Agrupaçom de Montanha Águas Limpas (AMAL)
- APEOM Outes
- Arquitectura Sen Fronteiras Galicia
- Asoc. galega Cova Crea
- Asoc. Petón do Lobo
- Asociación “Azos Feministas”
- Asociación a Picouta, Trazo
- Asociación Ambiental Senda Nova
- Asociación Amigos da Terra
- Asociación Corentena Producións
- Asociación Cultural A Rula
- Asociación Cultural Brisas do Quenllo
- Asociación Cultural Festival das Brétemas
- Asociación Cultural Lucerna – Cerceda
- Asociación Cultural O Naranxo (Lalín)
- Asociación Cultural O Quilombo
- Asociación de Afectados polo Vertedoiro de Lesta
- Asociación de Custodia do Territorio “Brexa”
- Asociación de guías acreditados das illas atlánticas de Galicia AGAIAS
- Asociación Ecolóxica Cultural Ridimoas
- Asociación Educativa y Cultural Animales del Mundo, AECAM
- Asociación Ekohuerta Agropuro
- Asociación Hortas do Val de Feáns
- Asociación O Ouriol do Anllóns, de Coristanco
- Asociación para a Custodia do Bosque Atlántico
- Asociación para a defensa da natureza no Condado ADENCO
- Asociación para o coidado da terra Carabel das Cabras
- Asociación Pola Defensa da Ría (APDR)
- Asociación pola Defensa do Parque de Rosalía
- Asociación Rexeneración Autóctona
- Asociación Sociocultural Ecolectivo
- Asociación Sustinea
- Asociación Verdeval, do Val Miñor
- Asociación Victimas de la Justicia
- Asociación Xuvenil Comarea
- Associaçom cultural A Gentalha do Pichel de Compostela
- Axóuxere Editora
- BRIGA – Organizaçom juvenil da esquerda independentista galega
- Casalonga Limpa de Residuos
- Central Unitaria de Traballadoras (CUT)
- Centro Social Fuscalho da Guarda
- Co-mando Ghichas (Val Miñor)
- Colectivo Arroutada
- Colectivo Capitán Gosende
- Colectivo Ecoloxista do Salnés
- Colectivo Portalén de Terra de Montes
- Colectivo Terra de Pontedeume
- Colectivos en Loita
- Comisión de Asociación contra as minas da terra Cha
- Comisión de seguemento da minaría e defensa do rural Frades e Mesía
- Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
- Comité de Defensa de las Rìas Altas
- Comunidade de montes de mancomún de Tameiga
- Comunidade de Montes Veciñais en Man Común Tameiga
- ContraMINAcción
- Corrente Vermella
- Ecoloxistas en Acción Galiza
- Epona Terra
- Federación Ecoloxista Galega
- Foro Social de Cangas
- Fridays for future A Coruña-Ferrol
- fridaysforfuture Teo
- Fundação Montescola
- Fundación Galicia Verde (Leboso-Forcarei)
- GEAS, Grupo de Estudo dos Animais Salvaxes
- Greenpeace
- Grupo de Traballo A Eira do Ceesg ( Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia)
- Instituto de Estudos Miñoráns, IEM
- Instituto para la Monitorización Vecinal de Espacios Contaminado I.M.V.E.C.
- Interior Galego Vivo
- Lugo de cara ao Miño
- Lugo sen Mordazas
- Modepén Lugo
- Modepen Morrazo (Movemento Galego pola Defensa das Pensións Públicas)
- MPI( Mocidade pola independência)
- Nais polo Clima Santiago de Compostela / Madres por el Clima
- Plataforma A Auga é Vida
- Plataforma Auga Limpa XA!
- Plataforma de Afectados pola Destilería de Contimunde (Rois)
- Plataforma de afectados polo vertedoiro Santiago de Compostela – Miramontes
- Plataforma en Defensa da Ría de Arousa (PDRA)
- Plataforma Galega para a Defensa Animal e da Natureza
- Plataforma non máis eólicos Campelo Bustelo
- Plataforma pola convivencia ética coa fauna silvestre
- Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños
- Plataforma pola recuperación do Sar
- Plataforma Quijote Outes
- Plataforma rexeneration.net
- Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino Non
- Plataforma Vida e Ría ou Minaría
- Rede para o Decrecemento Eo-Navia Galiza O Bierzo
- Salvemos a Comarca de Ordes
- Salvemos as fragas de Catasós
- Salvemos Monteferro
- Salvemos O Iribio
- SGO, Sociedade Galega de Ornitoloxía
- Sindicato Labrego Galego
- Sinha PACA (Plataforma de Activistas Culturais e Artistas) de Redondela
- Sociedade Histórica e Cultural Coluna Sanfins
- SOS GROBA
- Teo polo clima
- USDG – Unión Sindical de Docentes de Galicia
- Verdegaia
- Xente do rural Ponteceso
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.