A Sociedade Galega de Ornitoloxía, a Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN), o Grupo Naturalista Habitat, o Grupo Local SEO-Pontevedra, a Asociación Verdegaia, a Asociación Ecoloxista Anduxía, a asociación Amigos da Terra e a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza
(ADEGA) solicítanlle a Dirección Xeral de Patrimonio Natural a non autorización do proxecto de construción dunha tiroliña
entre ambas marxes do rio Sil, na Ribeira Sacra.
As oito entidades conservacionistas galegas presentaron recentemente un escrito ante a Consellería de Medio Ambiente, da Xunta de Galicia, no que informan dos valores ornitolóxicos da zona en que se pretende levar a cabo o citado proxecto (ver documento apegado) e solicitando se avalíe o impacto dunha actuación deste tipo e se informe en consonancia ás Deputacións de Ourense e Lugo do inadecuado de dito proxecto na zona onde se pretende levar a cabo, e en consonancia non se autorice tal actuación.
Por outra parte, a recente declaración dunha ampla zona da Ribeira Sacra como zona BIC (Ben de Interes Cultural) por parte da Xunta de Galicia, a fin de impulsar súa integración na Lista de Patrimonio Mundial e a declaración como Reserva da Biosfera, amosan un gran contrasentido e total incompatibilidade coa instalación dunha tiroliña entre ambas marxes do río Sil, o supor unha degradación visual e paisaxística da Ribeira Sacra, poñendo en perigo dita inclusión da Ribeira Sacra nestes programas da UNESCO.
Achegamos o escrito recentemente enviado á Dirección Xeral de Patrimonio Natural, da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, informando así mesmo á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e ás Deputacións de Lugo e Ourense.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.