A AECC Vigo convoca mañá unha concentración de mans levantadas no Museo do MARCO para dar a cara contra o cancro de mama

A concentración celebrarase mañá, 17 de outubro, entre as 11.30 e 12.00 horas diante do Museo do MARCO para enviar unha mensaxe de apoio a todas as persoas que padecen esta enfermidade
Publicado por o día 16/10/2019 na sección de Galicia,AECC,Eventos,Social,Vigo

A AECC Vigo convoca mañá unha concentración de mans levantadas no Museo do MARCO para dar a cara contra o cancro de mama

Con motivo do Día Mundial Contra o Cancro de Mama que se conmemora cada 19 de outubro, a Sede Local de Vigo da Asociación Española Contra o Cancro organizará mañá, xoves, 17 de outubro, unha concentración entre as 11.30 e as 12.00 horas diante da fachada do Museo Marco (cale Príncipe), na que todas as persoas que acudan levantarán as mans cunha mensaxe. Baixo o lema de “Contigo Damos A Cara” e a acción “Levanta a túa man”, a AECC Vigo busca estar á beira dos pacientes e familiares que teñen cancro de mama. Unha iniciativa á que acudirá a concelleira de Benestar Social, Dna. Yolanda Aguiar Castro, Dna Marián García Míguez como representante do Partido Popular, os alumnos e profesores do Colexio CPR San Miguel, así como numerosos pacientes e familiares, e voluntarios da aecc.

Cabe destacar que, ao longo do 2018, diagnosticáronse 32.825 novos casos de cancro de mama, que ocupa o segundo lugar en incidencia en España (o incremento do número de casos detectados é maior grazas ao cribado de mama: mamografías e ecografías). Tendo unha taxa de supervivencia a 5 anos superior ao 90%. O que significa que máis de 90 de cada 100 persoas que padecen este tipo de tumor, continúan vivas 5 anos despois de ser diagnosticadas.
Tamén se instalarán mesas informativas nas que se contará con material explicativo sobre a importancia da prevención e detección precoz do cancro de mama, as principais FAQs que poden xurdir a un paciente sobre este tipo de tumor, os tratamentos, a reconstrución mamaria ou a axuda que lle pode prestar a asociación desde o primeiro momento do diagnóstico. As localizacións serán as seguintes:
– A Farol/Príncipe en horario de mañá e tarde (de 10.30 a 13.30 horas e de 16.30 a 19.30 horas)
– O Corte Inglés en horario de mañá (de 10.30 a 14 horas)
– Centro Comercial Gran Vía en horario de mañá e tarde (10.30 a 14.00 e 17.00 a 20.00)

Numerosas empresas súmanse ao rosa en Vigo

Borwarner, Lear, Copo Ibérica, Fremap, Cafetería David, Gimnasio Singular Fitness, Restaurante Juilana, Unidad de Mama del Hospital Meixoeiro, Piratas de Nabia, Vitrasa, Colegio Compañía de María, Centros Único (CC Gran Vía) e Centro Comercial Gran Vía son as empresas que colaborarán coa AECC sumándose ao rosa, facendo fincapé na importancia de traballar unidos xa que esta enfermidade é unha loita que nos afecta a todos.

 
Ademais, a axencia de publicidade e deseño viguesa, IDE comunicación creou un reto para incentivar as doazóns a favor da investigación contra o cancro de mama. A información pódese atopar na seguinte páxina web: http://www.miretocontraelcancer.aecc.es/reto/ide-cien-mil-sonrisas