A candidatura da cidade de Tui é unha das finalistas para entrar na Red Juderías de España. Así o ten comunicado ao alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, a presidenta da Rede de Juderías e alcaldesa de Hervás, Patricia Valle Corriols nunha carta. Na mesma indícase que tras a defensa do proxecto presentado polo Concello de Tui realizada a semana pasada polo alcalde e o historiador tudense, Suso Vila, a Comisión de Adminisión de Novas Cidades elixiu a candidatura tudense coma finalista.
Segundo o establecido nas bases de “Criterios de adminisión e protocolo de actuación para a aceptación de novas cidades á Red de Juderías de España Caminos de Sefarad” completarase o proceso cunha visita institucional, antes do 6 de marzo, á cidade de Tui por parte dunha delegación da Red. A decisión final sobre a inclusión de Tui na Red de Juderías coñecerase a mediados de marzo tras a reunión da Asemblea.
Folleto turístico Ruta Xudía de Tui
Folleto turístico Criptoxudaísmo e Inquisión en Tui
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.