A historia da Fábrica Alfageme na rúa Tomás Alonso, non é so a historia dun edificio. E tamén a historia da industría conserveira na nosa cidade e do seu desenrolo, e un exemplo da participación do patrimonio industrial na conformación urbanística da nosa cidade. E por suposto, a fábrica Alfageme representa tamén o relato dos centos de traballadores que acolleu ao longo da súa historia e a do propio barrio de Bouzas na que se sitúa.
O Patrimonio industrial non é so un patrimonio de edificios e espacios, de imaxes e fotografías, se non dunha forma de facer (os procesos produtivos, industriais e de xestión), de relacionarse (as labores sindicais, os beneficios sociais) e tamén da relación de esas xentes e procesos co seu entorno inmediato. A charla quere por en valor todos estes aspectos, e reflexionar sobre a importancia da preservación de este legado nun momento en que o edificio deseñado por Manuel Gómez Román afronta un futuro incerto.
O acto contará coas intervencións do profesor Xoán Carmona Badía, e do historiador Moncho Iglesias, ademais da participación e moderación de Mariña López, historiadora no Museo ANFACO da Industria Conserveira. Proxectaranse ademais imaxes inéditas da fábrica Alfageme.
Entrada libre ata completar aforo (110 persoas)
Coa axuda e colaboración de Vigo Industrial e a Asociación Cultural Pertenza. Cartel David Amoedo Losada
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.