A nai de Saúl, membro do colectivo de rapeiros “La Insurgencia” e veciño de Coia, agradece a solidariedade do pobo

Publicado por o día 11/03/2018 na sección de Vigo,Social

A nai de Saúl, membro do colectivo de rapeiros “La Insurgencia” e veciño de Coia, agradece a solidariedade do pobo

Elena a nai de Saúl,  membro da banda “La Insurgencia” veciño do barrio de Coia de Vigo ven agradecer este domingo a solidariedade que o pobo esta a ter cos membros da Insurgencia na sua conta de Youtube, nun breve comunicado de agradacemento que noticiasvigo.es trasmite a veciñanza.

Comunicado

Quero agradecer a difusión do video que fixen contando a situación do meu fillo e os seus compañeiros e compañeira de La Insurgencia. Desde a súa publicación, teño recibido centos de mensaxes de apoio, moitas delas preguntando que se pode facer para axudar. Sodes moitas as persoas solidarias que expresades a vosa indignación ante esta inxustiza e a vosa frustración por nos saber como nos axudar. Ben, subo agora este novo video para explicar tres cousas moi sinxelas coas que podedes ser de gran axuda; pídovos cinco minutiños para velo e anímovos a poñer en práctica estas tres suxestións. Moitas grazas a todas. O FUTURO É DAS SOLIDARIAS!

O video

Elena nai de Saúl "La Insurgencia" vos da as grazas polo apoio.

A nai de Saúl, membro da banda “La Insurgencia” veciño do barrio de Coia de Vigo agradece a solidariedade do pobo.Máis información https://www.noticiasvigo.es/a-nai-de-saul-membro-da-banda-la-insurgencia-vecino-do-barrio-de-coia-de-vigo-agradece-a-solidariedade-do-pobo/

Posted by Noticias de Vigo on Sunday, March 11, 2018

Duas ideas

Manifesto en apoio a La Insurgencia: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSetskS0ctSBK0p9ClI5r44tg3dhmvzpwqPcFfh_eQ1jaaI2qQ/viewform

Lugares e horas das concentracions do sábado 17 de marzo contra la Lei Mordaza: https://www.google.com/maps/d/viewer?mid=1gm8s9wYyZTt2LkE-EqWWmQxwYnFaEsxl&ll=39.19898175521599%2C3.6856753304687118&z=5

Vigo

Concentración el 17 a las 20h en el Museo Marco, rúa do Príncipe.