Un home foi detido por un presunto delito contra a saúde pública por tráfico de drogas, nun operativo policial no que se interviñeron varias doses de cocaína e heroína. segundo informou a Policía Local do Porriño.
Os feitos ocorreron o sábado, nas inmediacións da rúa Lugo. Un condutor levantou as sospeitas dunha patrulla policial ao observar unha estraña manobra do vehículo. Realizouse un seguimento solicitando a colaboración doutra patrulla da Policía Local do Porriño e avisando tamén á Policía Local de Mos, xa que se trata dunha zona fronteiriza entre ambos municipios.
Unha vez interceptado o vehículo, procedeuse á procura correspondente co descubrimento de 15 papeis de cocaína e outros dous envoltorios de heroína. O detido de 40 anos foi posto a disposición xudicial.
ACLARACIÓN DUN ROUBO E SANCIÓNS POR NON LEVAR MÁSCARA
Por outra banda, a Policía Local de Porriño tamén informa do esclarecemento dun roubo de dous vehículos sustraídos en Valencia e que poideron ser recuperados e entregados ao seu lexítimo propietario esta pasada fin de semana.
Por último, a Policía Local do Porriño lémbranos a obriga de levar máscaras e cumprir os protocolos anti-Covid. Os axentes continúan cos controis que, ata a data do hoxe luns 11, provocaron 20 denuncias no que vai de 2021.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.