A Policía Local vén de renovar a súa flota de vehículos con dúas novas incorporacións. Son dous vehículos Citroën C-4 que dispoñen de kit policial e traslado de detidos. Ademais, son de combustión diesel e automáticos.
Estes dous vehículos veñen a substituir a outros dous que xa esgotaron a súa útil por ter moitos quilómetros e por seren empregados por moitas persoas. Trátanse dun Citroën C-4 do ano 2010, con case 500.000 quilómetros, e un Ford Mondeo, do ano 2006, con máis de 300.000 quilómetros.
A concelleira de Protección Cidadá, Eva Vilaverde estivo na recepción dos vehículos e confirma a necesidade de ir mellorando as dotacións e as instalacións da Policía Local para que os axentes poidan realizar ao seu traballo en condicións óptimas e ofrecer o mellor servizo ao cidadán.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.