A presidenta de ADIF garante á alcaldesa do Porriño que o proxecto de eliminación do paso a nivel segue adiante e será asumido directamente dor ADIF

Por o 16/01/2019 | Sección: Galicia,O Porriño
A presidenta de ADIF garante á alcaldesa do Porriño que o proxecto de eliminación do paso a nivel segue adiante e será asumido directamente dor ADIF

A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, falou este mesmo martes pola tarde, coa presidenta do Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (ADIF), Isabel Pardo de Vera, quen “garantiume” que o proxecto de supresión do paso a nivel do centro do Porriño “segue adiante” sendo asumido directamente por ADIF, un organismo público autónomo que conta co seu propio orzamento.

García de la Torre obtivo, de novo, a confirmación por parte de Pardo de Vera de que este é un “proxecto firme” que está sendo ultimado polos técnicos e que será, “sen dúbida” unha realidade, o que supón, salienta a alcaldesa, que “a eliminación do paso a nivel está máis preto que nunca”.

Eva García de la Torre subliña que o compromiso adquirido o pasado mes de agosto na xuntanza que mantivo coa presidenta de ADIF en Madrid segue inalterable e que o mesmo fará realidade unha reivindicación que as veciñas e veciños levamos facendo máis de 70 anos: que o tren deixe de pasar en superficie polo centro do Porriño”.

Comentar noticia

Your email address will not be published.