SGHN manifesta a súa posición oficial sobor da emerxencia climática. SGHN ten apoiado por responsabilidade outros posicionamentos deste tema, aínda que manteñamos certas discrepancias de estilo e contido. A gravidade da situación fan necesarias actuacións decididas e empurrar no mesmo senso para reconducir a actual situación.
SGHN decidiu adoptar a declaración de Cedamia (Australia). Nen é a máis extensa, nen a máis esixente, pero é unha das máis integradoras. Trátase de unirnos, sen caer en detalles que fan perder o obxectivo: revertir o cambio climático.
A todos os responsables de calquera nivel de goberno
Dado que:
- Os impactos climáticos xa están causando graves perdas de vida e destruíndo ecosistemas vitais.
- A temperatura media mundial, os gases de efecto invernadoiro e a acidez dos océanos xa están en niveis perigosos e
- As mobilizacións económicas en época de guerra demostraron a rapidez con que as nacións poden reestruturar as súas economías ante unha ameaza extrema.
É inescusable continuar coas políticas que danan o clima que nos poñen a todos nun gran perigo. O obxectivo de 1,5 °C do Acordo de París non é un obxectivo seguro.
Facemos un chamamento a todos os responsables políticos de calquera estamento do goberno, central, autonómico ou local de calquera índole para que:
- declaren emerxencia climática.
- comprométense a ofrecer a máxima protección para todas as persoas, economías, especies, ecosistemas e civilizacións e a plena restauración dun clima seguro.
- mobilizar os recursos necesarios e tomar medidas efectivas á escala e velocidade necesarias.
- transformar a economía a cero emisións e contribuír de xeito xusto á redución do exceso de dióxido de carbono no aire e
- Animar a todos os demais gobernos de todo o mundo a tomar estas mesmas medidas.
Alcanzáronse grandes retos no pasado cando se declararon situacións de emerxencia, coa cidadanía e os políticos de calquera opción xunguidos traballando xuntos polo ben común.
Facemos un chamamento a todos os niveis de goberno para que fagan o necesario agora.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.