Aínda que a Universidade de Vigo tiña previsto manter a celebración do seu patrón, San Tomé de Aquino, para este xoves 28 de xaneiro e facelo de xeito virtual, finalmente, decidiuse suspender o acto. Esta decisión vén derivada das novas medidas decretadas onte luns pola Xunta de Galicia e o agravamento da situación sanitaria.
Deste xeito, o que iba a ser o primeiro acto institucional de San Tomé en liña na UVigo suspéndese e, con el, a entrega de distincións académicas, entre elas os Premios extraordinarios de grao, os Premios Egeria á inclusión da perspectiva de xénero nos traballos de fin de grao e de máster na Universidade de Vigo, os Premios á excelencia académica para alumnado que inicia estudos de grao na Universidade de Vigo no curso 2020-2021 e os Premios á excelencia académica para alumnado que inicia estudos de mestrado na Universidade de Vigo no curso 2020-2021.
En todo caso, na Universidade de Vigo será festivo o venres 29 de xaneiro, data na que as instalacións dos tres campus permanecerán pechadas.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.