A Xunta de Galicia estudará as posibilidades de dotación de atraques no porto de San Adrián de Cobres, no municipio pontevedrés de Vilaboa. Así o trasladaron esta mañá nunha visita á zona a delegada territorial de Pontevedra, Luisa Piñeiro, e a presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas.
Ambas representantes do Executivo autonómico mantiveron un encontro de traballo cos representantes municipais, da confraría de pescadores de Vilaboa e dos bateeiros da zona, no que se lles trasladou unha proposta de ampliación de prazas de amarre para o porto.
Desde Portos de Galicia, Susana Lenguas, avanzou que os servizos técnicos do ente público avaliarán esta proposta e definirán a súa viabilidade en función da demanda de atracada da que se ten constancia a día de hoxe. Así mesmo, trasladou a vontade do organismo portuario de dar unha solución ás demandas dos bateeiros que traballan na zona dos portos de Vilaboa e de Domaio.
Neste sentido, a delegada destacou o apoio da Xunta ao sector marítimo-portuario de Vilaboa e da comarca do Morrazo e insistiu en que os técnicos da Administración autonómica traballan na procura da solución máis eficiente para as súas necesidades.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.