‘Alén’, un libro de Pablo Diego Dios ambientado na Fraga de Abaixo, Ponte Caldelas

O autor falou co alcalde de Ponte Caldelas sobre a publicación e as lendas que deron forma a esta novela

‘Alén’ é primeira novela de Pablo Diego Dios, un veciño da Fraga de Abaixo, Ponte Caldelas, que escolleu a súa aldea natal para ambientar este libro que busca aunar as tradicións do rural galego e evitar a perda das lendas que xeracións tras xeración se foron transmitindo oralmente de pais a fillos e entre veciños.

Pablo Diego charlou co alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, sobre esta primeira novela antropolóxica e como se foi forxando coa base das súas vivencias, dos relatos e lendas recollidos entre as persoas maiores da aldea e doutros lugares da Serra do Cando e o Candán.

O alcalde e o autor acordaron que, en canto a situación o permita, se realizará unha presentación da novela no Centro Cultural de Ponte Caldelas. Polo momento, todas as persoas que desexen ler a novela poderán adquirila en librerías e, en Ponte Caldelas, concretamente na Librería El Colegio.

Pablo Diego Dios está graduado en Socioloxía, graduado en Relacións Internacionais e mencionado en Experto en Desenvolvemento polas universidades de Sâo Paulo, Jagellónica de Cracovia e Complutense de Madrid. ‘Alén’ é a súa primeira novela e foi publicada cunha subvención do ‘Arquivo Documental e Bibliográfico para a Preservación da Cultura’ da Deputación de Pontevedra.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM