A Deputación de Pontevedra vén de comezar as obras de mellora da seguridade viaria na estrada provincial 2303 Gondomar-Vilaza-Parada, na que investirá preto de 32.500 €. A actuación, que se desenvolverá durante dous meses, nun tramo de 55 metros, ten por obxectivos executar unha senda peonil e manter o viario para optimizar a súa seguridade e accesibilidade.
Máis polo miúdo a estrada contará cunha senda peonil de 2,5 metros de ancho na súa marxe dereita enlazando, deste xeito, as beirarrúas existentes na estrada e asentando o noiro para dotala dunha mellor mobilidade peonil e maior seguridade estrutural. Para elo, ampliarase a plataforma da vía, realizarase un muro de contención de perpiaño de 2,3 metros de altura e 60 metros de longo e executaranse recheos para garantir a súa conservación. Amais, colocarase unha barreira protectora e separadores reflectantes para delimitar a senda da calzada.
A través desta actuación, a Deputación tamén contempla realizar tarefas de mantemento da EP-2303 Gondomar-Vilaza-Parada para garantir a seguridade viaria e seguir espallando o seu modelo de mobilidade amable, segura e sustentable pola rede viaria da provincia.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.