As citas dispoñibles para a renovación do DNI esgotáronse ata marzo

Publicado por o día 22/01/2018 na sección de Galicia

As citas dispoñibles para a renovación do DNI esgotáronse ata marzo

Xa non quedan citas dispoñibles no concello da A Guarda para a renovación do Documento Nacional de Identidade (DNI) durante o primeiro trimestre de 2018.

A partir do mes de marzo informarase da apertura do prazo para a solicitude de novas citas nos meses de abril, maio e xuño. Ata entón, aquelas persoas que de xeito urxente necesiten realizar a renovación do seu DNI, poderán acudir ás oficinas de expedición de Tui (na rúa Párroco Rodríguez Vázquez, 3) ou Vigo (rúa Álvaro Cunqueiro, 6) previa solicitude de cita no teléfono 060 ou ben a través da páxina web www.citapreviadni.es.