As empresas de sanidade privada, directamente no goberno

Publicado por o día 16/02/2018 na sección de Sanidad,Coordinadora Antiprivatización da Sanidade Pública,Social

As empresas de sanidade privada, directamente no goberno

Recollemos a información da que se fai eco a Federación de Asociacións para a Defensa da Sanidade Pública, publicada no BOE do día 14 de febreiro de 2018, que establece a nova composición do Consello Asesor de Sanidade nomeado pola ministra Dolors Monsterrat.

O consello consta de 42 membros, dos que 21 son nombramentos novos e teñen unha profunda relación coa empresa privada, xa que o vicepresidente é un director de estratexia dunha grande multinacional de texnoloxía do ámbito sanitario e a secretaria xeral fai parte dun bufete de avogados privado con intereses tamén no sector sanitario. Tamén contan coa presenza de representantes de empresas privadas de atención sanitaria e farmacéuticas.

Concordamos coa FADSP na súa análise, “unha proba máis de que a ministra carece de interese no noso sistema sanitario público e de que o mellor que pode facer por el é marchar”.

Como non pode ser doutro xeito, rexeitamos esta nova intromisión das empresas privadas no noso sistema sanitario público, e reivindicamos unha xestión centrada nas usuarias e non no ánimo de lucro.