O Concello de Vigo convoca axudas dirixidas a fomentar o emprego en colaboración coas entidades sen ánimo de lucro, co fin de reforzar a súa capacidade de autoorganización e posibilitar o fortalecemento do tecido social e a promoción de calidade de vida e benestar social da cidadanía.
Poden solicitar estas axudas as asociacións veciñais, culturais, sociais, sindicais, deportivas, comunidades de montes e entidades empresariais, sen ánimo de lucro, que estean inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións do concello de Vigo en determinados epígrafes, e que cumpran os requisitos da convocatoria.
Se estás traballando nunha entidade sen ánimo de lucro do concello de Vigo, a túa institución pode ter a oportunidade de incorporar novo persoal contratando, por exemplo, unha educadora ou educador social.
Convocatoria completa no BOP de Pontevedra do 4 de xaneiro de 2019.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.