Campo de Voluntariado Ambiental no río Tea

Publicado por o día 18/03/2019 na sección de Medio Ambiente,ADEGA,Social

Campo de Voluntariado Ambiental no río Tea

Continuamos este ano cos Campos de Voluntariado para a eliminación de EEI no río Tea.

Será a fin de semana do 22, 23 e 24 de marzo. Realizaremos labores de seguimento da presenza de flora exótica invasora nos 3 Km de río que ten custodiados o Proxecto Ríos, eliminanado as manchas de Acacia dealbata e A. melanoxylon que rebrotaran dende o anos anteriores. Tamén miraremos noutras zonas de traballo de anos pasados para eliminar os prosibles rebrotes de bambú, tintureira, tritonia ou garrapatón.

O voluntariado terá cubertos os gastos de aloxamento (Albergue Alentea), manutención, contará cun seguro de accidentes e disporá da farramenta axeitada.
As prazas son limitadas e é preciso inscribirse.
Envía a Ficha de Inscrición a: ramses@adega.gal ou chama aos teléfonos: 981 57 00 99 / 619 672 038