Charla e mesa participativa sobre a compostaxe en Allariz organizada por ADEGA

Publicado por o día 20/09/2018 na sección de Social,ADEGA

Charla e mesa participativa sobre a compostaxe en Allariz organizada por ADEGA

martes 25 de setembro en Allariz se celebrará unha xornada sobre a compostaxe. Por unha banda queren mostrar á cidadanía os resultados de tres anos dende que se instalaron os composteiros comunitarios, as melloras na separación selectiva, recollida de vidro e restos orgánicos na hostalaría entre outras.

Aproveitaran a ocasión para coñecer experiencias que se están a levar a cabo noutros lugares, convidamos a Eduardo Cordero de Larrabetzu (Bilbao) impulsor do proxecto de agrocompostaxe. Isto consiste na separación selectiva da materia orgánica e posterior tratamento por parte de diferentes agricultores con aportación económica por parte do municipio. Contaranos mais polo miúdo o funcionamento do proxecto.

Por ultimo queremos convidar a todas as persoas, entidades, asociacións de Allariz a reflexionar sobre o proxecto e pasos a dar na mellora da reciclaxe e da compostaxe.

Sen a participación das persoas na separación en orixe ningún proxecto de reciclaxe é posible!!
Recomendamos inscricións en : compostaxe@adega.gal

Persoa de contacto:  María R. Lafuente; 628378804