O curso preparatorio para o graduado en ESO comeza con 30 persoas inscritas

O curso preparatorio para a obtención do graduado en Educación Secundaria Obrigatoria (ESO), organizado polo Concello da Guarda, comezou o pasado 22 de xaneiro con preto de 30 persoas inscritas
Publicado por o día 29/01/2018 na sección de Galicia,A Guarda

O curso preparatorio para o graduado en ESO comeza con 30 persoas inscritas

As clases, sen custe para o alumnado, impartiranse ata setembro no antigo colexio Sinde en horario de mañá, con profesorado cualificado e un programa de ensino orientado á superación do exame en modalidade libre.

Prazo de matriculación nas probas

As persoas interesadas en realizar a proba para a obtención do graduado en ESO xa poden consultar as datas para a matriculación nas convocatorias de maio e setembro no Diario Oficial de Galicia (DOG) Nº 16, do 23 de xaneiro de 2018.

Así, para a realización do exame do 25 de maio, a matriculación deberá realizarse entre o 12 e o 23 de marzo; namentres para acudir á segunda convocatoria (7 de setembro), compre realizar a matriculación entre o 2 e o 9 de xullo (*).

Aquelas persoas que desexen manterse informadas sobre a apertura do prazo de inscrición en futuros cursos preparatorios, poderán dirixirse á Oficina de Información á Xuventude (OMIX), chamando ao 986 614 546, ou á Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local (AEDL) do Concello da Guarda, chamando ao 986 610 000 ou no correo electrónico emprego@aguarda.es.