Descuberta de Biodiversidade polo Sobreiral do Arnego

O sábado 27 de outubro ADEGA realizará o último BIOBLITZ do ano, desta volta adicado a FAUNA de outono.
Publicado por o día 25/10/2018 na sección de ADEGA,Medio Ambiente,Social

Descuberta de Biodiversidade polo Sobreiral do Arnego

O sábado 27 de outubro realizanse unha nova actividade no Sobreiral do Arnego (Agolada), no marco da iniciativa Custodiando o Sobreiral do Arnego centrada no recoñecemento e identificación da fauna (aves, anfibios, réptiles, libeliñas, etc) presente no Sobreira.. 

Un Bioblitz (ou descuberta de biodiversidade) é o inventario intensivo, pode ser dun día ou de horas, nun lugar delimitado da man de persoas expertas. No proxecto xa se realizaron tres bioblitzs sobre fauna, os correspondentes a inverno, primavera e verán, así como dous de flora. Con este novo bioblitz aumentaremos o número de especies inventariado. 

ADEGA recibiu unha axuda da Fundación Biodiversidad para desenvolver actuacións de divulgación, estudo e conservación no Sobreiral do Arnego, no que ADEGA ten un acordo de Custodia do Territorio neste espazo dende 21 de marzo de 2016.

As accións desenvolveranse na parcela A Zarra da Pena e na contorna do río Arnego. Realizaranse inventariados de flora e fauna, recuperación de elementos naturais e etnográficos asi como actividades de voluntariado ambiental.

A actividade é gratuíta, mais é preciso inscribirse. 

A organización asumirá os gastos de manutención dos/das participantes.

Máis info e inscricións:
Ramsés Pérez
e-mail: ramses@adega.gal
981 57 00 99 / 616 238 050
Horario da actividade: 10:30 a 18:00h
Área de Lecer de Carmoega