O alumnado do servizo de Formación leva meses traballando no deseño das pezas coa técnica do ecoprint xunto á empresa local “As flores de Greta.
As pezas poñeranse á venda mediante crowdfunding, co fin de recadar fondos para a ONG Bicos de Papel.
O proxecto presentarase o vindeiro venres 14 de febreiro ás 11 horas na sede do Concello de Vigo.
Down Vigo presentará o vindeiro venres 14 de febreiro no Concello de Vigo o Proxecto XX, no que participa alumnado do servizo de Formación. Trátase dunha iniciativa solidaria co fin de recadar fondos para a ONG Bicos de Papel, asociación de axuda a nenos oncolóxicos e as súas familias.
A idea central do proxecto é agradecer á sociedade toda a axuda prestada durante os 30 anos de actividade da Asociación, tomando esta vez a iniciativa de axudar a outra entidade social.
Para iso, Down Vigo está a levar a cabo unha colaboración coa empresa As flores de Greta. Antía, Nuria e Uxía son tres emprendedoras que se dedican ao deseño de pezas de roupa coa técnica do ecoprint, consistente en trasladar os pigmentos de follas e flores a tecidos de orixe orgánica.
O resultado son 15 camisetas 100% algodón deseñadas e estampadas polo alumnado, que leva meses estudando o proceso e perfeccionando a técnica do ecoprint. Así, cada unha das pezas é unha creación exclusiva e única.
As pezas serán postas ao dispor do público mediante crowdfunding ou micromecenazgo. A través dunha plataforma de venda, todas as persoas interesadas poderán realizar unha achega a través de doazóns económicas obtendo a cambio diversas recompensas. O importe íntegro da recadación será doado á ONG Bicos de Papel.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.