Eva Solla, deputada do Grupo Común da Esquerda e coordinadora nacional de Esquerda Unida, vén de participar no Galicia por Diante do Fin de Semana no que falou sobre actualidade política.
“Cremos que sumar forzas con Anova e Podemos vai ser positivo de cara ás Eleccións Autonómicas de 2020, onde aportaremos o mellor de cada unha das organizacións. Canto antes comecemos a traballar en conxunto, antes nos chegaremos a un acordo nas medidas importantes que levaremos a cabo para solventar a situación de pobreza, exclusión e precariedade que teñen unha parte moi importante das galegas e galegos”, dixo Solla.
Respecto ao Goberno central, Solla sinalou que “ten pedente con Galicia moitas materias, como a de infraestruturas, máis alá de rematar os tramos iniciados do AVE, Galicia precisa dunha rede de ferrocarril de cercanías que vertebre o país, sobre todo na parte interior”, sinalou.
De cara as autonómicas, a coordinadora nacional de Esquerda Unida asumiu que “é o tempo das mulleres e en Esquerda Unida xa demos un paso adiante e temos electas ás catro compañeiras que liderarán as catro provincias”.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.